Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Macguffin

14-05 Soñar un libro MacGuffin

Desde o terceiro até o último soño desta noite levei sempre un libro nas mans polo que todo o mundo me preguntaba e non lembro cal era. Nun momento atopeime até ao rapaz da biblioteca co que falei para recuperar a clave do carné que non lembraba e díxome, ríndose un pouco, que o lese axiña que era un libro que lle pedían moito. No primeiro dos soños estabamos en Crecente facendo cousas que daban bastante traballo de maquinaria pesada (algo un pouco ilóxico) pero sacabamos todo adiante sen problema, só cun par de discusións con meu pai por como se debía facer. Non lle atopo moita explicación a este soño a non ser porque andamos a poñer a horta ou, máis ben, anda meu pai a poñer a horta porque eu só lle axudo cando é imprescindíbel xa que así tamén se entretén e fai o pouco exercicio físico do que non escapa. O segundo soño, e creo que tamén outro que veu despois, teñen bastante sentido e vencello con algo que me pasou hai un par de semanas e do que desfrutei moito: Ribadavi...