Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ilusión

3 minutos

Doume dez minutos, nin un máis, para escribir o que se me antolle. Antóllaseme contar o que soñei. Soñei que xogaba un partido de fútbol, o rival era Euskadi. Fin. Despois acordeime de moitas cousas. Dúas horas de desvele ás 4 da madrugada dan para moito. Para ver nevar sobre a muralla, para retorcerte de dor na cama e non precisamente polos recordos que viñan un tras outro a ferir. Porque hai recordos que só veñen para ferir. Adoecía por un abrazo e un bico detrás da orella. Erguinme, paseei, sentei, deiteime e así foi como comprendín o que pasa. Axudoume Kierkegaard, que me dixo que cada un de nós será grande en relación a aquilo co que loitou. Non van os 10 minutos, nin sequera van 3 e estou canso. Pero teño a ilusión de subir á serra, nevada, perderme alí. Sentir o silencio estático que impón a neve, ver o val asolagado de branco.