Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta confeitura

Confeitura no aeroporto

Esta noite, entendo que polas ganas que tiña de coller un avión que me levase de novo por aí, soñei con iso. O estraño era que viña meu pai comigo e incluso me guiaba. Cando espertei pensei bastante nisto, en facer unha viaxe con meu pai polos sitios nos que estivo, ir a onde miña nai e el se coñeceron. Non é nada novo, xa o teño pensado e fareino, pero é a primeira vez que pensei en facelo indo os dous xuntos. O aeroporto era moi mal feito pero tiña de todo. Xusto cando embarcamos avísannos de que teñen que facer un cambio urxente dunha peza dese avión e que resulta máis rápido cambiala que mudarnos a todos de avión, polo que piden se alguén se ofrece para axudar a empuxar a peza desde o almacén de onde hai que traela. Alí saímos varias persoas do avión e atópome con algún excompañeiro de traballo. Conseguimos axudar a facer a montaxe e volvemos para embarcar de novo. Nese momento eu despisteime porque todo o aeroporto eran escaleiras mecánicas moi altas, de até 6 alturas, e í...