Soñei moito e ben. Foise acumulando na cabeza e ao final espertei envolto, como o envolve todo esta néboa que hai aquí polas mañás. Na ducha suminme nunha intranquilidade bastante estraña en min a esas horas, seguramente producida por ver que non arrimara o albornoz e tería que mollar algo o chan para estirarme por el. Albornoz. Barnús que din os cataláns e os árabes. البرنس Unha capa de lá que usaban os bérberes para abrigarse ás noites. Nós agora para secarnos. Ok. Cando viña para aquí volvín a cruzarme coa rapaza do Megane negro. A terceira vez esta semana que chegamos ás 7:53 ao cruce ao mesmo tempo. Outro día pasoume diante por segundos e hoxe, se ve que porque é venres, veu algo antes e xa a collín aparcada. Supoño que vai para as castañas e non para a sidra, pero aí non me meto. Lembrei o Whatsapp de onte, no que alguén se acordou de min na Riquela. Boto de menos e teño ganas da Riquela e da Reixa. E do Jazz. Ás nove vou chamar a Miki, que me espere ás tres e media para ir co...