Saltar ao contido principal

Venres

Soñei moito e ben. Foise acumulando na cabeza e ao final espertei envolto, como o envolve todo esta néboa que hai aquí polas mañás. Na ducha suminme nunha intranquilidade bastante estraña en min a esas horas, seguramente producida por ver que non arrimara o albornoz e tería que mollar algo o chan para estirarme por el. Albornoz. Barnús que din os cataláns e os árabes. البرنس Unha capa de lá que usaban os bérberes para abrigarse ás noites. Nós agora para secarnos. Ok.

Cando viña para aquí volvín a cruzarme coa rapaza do Megane negro. A terceira vez esta semana que chegamos ás 7:53 ao cruce ao mesmo tempo. Outro día pasoume diante por segundos e hoxe, se ve que porque é venres, veu algo antes e xa a collín aparcada. Supoño que vai para as castañas e non para a sidra, pero aí non me meto. Lembrei o Whatsapp de onte, no que alguén se acordou de min na Riquela. Boto de menos e teño ganas da Riquela e da Reixa. E do Jazz. Ás nove vou chamar a Miki, que me espere ás tres e media para ir comer ao Cotá. Despois café, Jameson e xadrez, ver o novo local coa cervexa e coller un libro que deixei encargado na Trama. Botaba de menos os venres que son venres.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero ...

mellor canto antes

A primeira cita que tiveron el e ela foi concertada e, por riba, con diñeiro polo medio. Chamou el para solicitar os servizos e quen cobraba era ela, como pasa por desgraza case sempre nestes casos. Para el todo aquilo aconteceu moi rápido. Así, un día, sen máis, apeteceulle dar unha volta á súa vida, cambiar o que levaba facendo 15 anos ─e non se refería precisamente a deixar de saír en calquera noite de luns a domingo─, e ser, en definitiva, el o dono da súa propia vida. Había tanto tempo diso que xa nin o lembraba mais a reacción non foi nostálxica, foi de tomar a dianteira e ir contra todo. Aínda así, a decisión custoulle tempo. Mirou nesas follas onde adoitan aparecer os números da xente profesional que se adica a iso e localizou á que estaba máis preto: ela, a poucos metros da súa casa. El aínda non sabía que era “ela”, mais ía, agora ou despois, chamala. Un par de horas máis tarde, que non obstante pasaron bastante rápidas porque foron desas tan definidoras do inverno, nas...

23-04

Esperto ás sete da mañá dun día tan bonito que semella que neste recuncho do planeta absolutamente todo está en “flor”, todo se abre e brota e hai máis cousas das que podemos descubrir: luces prismáticas, aromas prismáticos, algo case doloroso de tan bonito. A luz matinal é dourada coma o diñeiro e derrámase polas ventás que dan á serra cara o leste. Pero o que me emociona é a sombra, a luz imposible de definir, o pradairo entre os eucaliptos coas súas follas aínda non formadas, dunha beleza estremecedora, que non é a árbore mesmo unha entre millóns, un elo nunha longa cadea de vivencias que comezan na infancia, na Flor. Domingo de feira. Hai dous mundos coñecidos, o visible e o invisible, e esa gota de viño e o pan é o vínculo que os une. Sinto as campás. Paréceme ver a cadea do ser que ascende desde o fondo da terra até o ceo. Duchareime e baixarei mercar un queixo e tomar algo? Teño que cortar o pelo. Debera. Xa todos mo din. Ata meu pai, que acaba de virme espertar á habitación...