Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta soños

Voar por Chouzán

Igrexa de Chouzán Esta noite soñei moito (vaia novidade) e lembreime de todo (que estraño...). Pasou o ultimamente habitual de cando todo vai cadrando sen ter que ver unha cousa coa outra e fago coma se un soño fiase co outro para disimular que espertei uns segundos polo medio. Encantoume unha parte, que vén sendo recorrente nos últimos meses, na que nun contorno festivo nos viamos todas. Nesta ocasión era algo referente á posta en valor de elementos arquitectónicos sobre todo da época máis longa dos libros de historia desde que naceu Cristo, a Idade Media. Supoño que foi porque pola tarde estiven un tempo perdido entre Chouzán e a Cova, neses restos dos lugares máxicos das monxas do XI-XII que, malia que os tiveron que subir arriba ao facer o embalse, manteñen aínda algo dentro de si. Non digo que saiba o que manteñen, pero para soñar chega. Volvo á festa. Estabamos todas. Cadaquén estaba no sitio que máis lle gustaba: aquel amigo que non aguanta un minuto ao sol metido no medio...

4:55 e só quería aguacate

Onte soñei con un San Xoán de hai 30 anos no que un home viña ao bar pedindo un “remedio”, desas combinacións de bebidas fortes que quen emigraba a Alemaña ou Suíza coñecía e importaba para o país. Non se levaba moito, só polos de sempre, pero lembrei beberaxes que daquela había e que hoxe deitarían a calquera. Non destas cousas doces, facilonas e comerciais de agora coma o Thunder Bitch, Fireball ou o Jägermeister. O amecido que lle metín polo medio ao soño foi que na Flor había unha máquina para facelos (si, como das que hai agora de Thunder... de Jäger...). O home marchou totalmente aliviado así que os licores foron bos. O segundo soño foi sobre queixo, entendo que porque me tarda un pouco xa que esta semana non tiven dos que prestan, e había unha xuntanza para degustar que estaba moi ben. Facía falta algún elemento para indicalos, que a xente soubese cal era cal, falase deles, degustase, e non nos lembráramos de traer iso. Fun cara a parte de atrás e empecei a buscar coma un to...

29_05: Café e tostas de aguacate

Hoxe volvín a ter un soño fiado que ocupou a noite enteira. Foi moi bonito porque tiña reencontros con xente á que boto de menos (incluso unha amiga viña con unha irmá xemelga que non coñecía). Coma case todo empezaba con unha festa, un concerto dentro dun festival nunha praza pequena semellante á da Soidade. O grupo era moi bo: rock dos 70 e un punto de humor entre canción e canción. O seguinte concerto era nunhas antigas cortes das vacas de teito moi alto, restauradas de xeito discreto pero moi acolledor. Acabábamos bastante cansos dos concertos e íamos para o hotel no que nos atopabamos con moita outra xente que tamén andaba polo festival. Como éramos moitos na panda os do hotel recolocábannos noutras habitacións para así estarmos o máximo posible todos xuntos na mesma planta. Acabo de morderme os beizos e fixen algo de ferida. Ao día seguinte, noutra parte do festival diferenciada da zona de concertos, desenvolvíanse pola mañá e pola tarde diversas probas de tipo skate, bicicross...

22-05 Música e cóctel de moras

Arando con bois-Tino Grandío 1975 (óleo s/lenzo)  Ten a serra unha capa de néboa moi fina deitada sobre ela que case deixa ver o que hai debaixo e da que asoman o par de curutos máis altos. O símil metafórico pareceume sinxelo e evidente: está saíndo o sol despois dunha noite de verán e eles están na cama tapados só por unha saba moi fina que tapa a metade dos seus corpos, véndoselles as cabezas por enriba dos ombreiros e os pés de metade da tibia para abaixo. A capa de néboa na serra, coma a saba na cama, finas, deixan entrever un pouco o que parece que hai debaixo delas. Un suxestivo perfil en “V” de pedras do periglacial no nacemento do río. Un abrazo desdeixado polas diferentes orientacións de cada un dos catro pés pero ao final cómodo pola inmobilidade absoluta do que hai baixo a saba. E debaixo da néboa. Esta noite os soños fóronse comendo o un ao outro e só me lembro do último. Foi moi sinxelo facendo un xogo entre lembranzas do tempo infantil, adolescente, uni...

11-05: Ratos e cine

Estaba nun hotel/pensión e había ratos por todos os recunchos. Ratiños pequenos que roían todo o que atopaban no camiño e deixaban restos da desfeita alí por onde pasaban. Unha praga (si, en galego tamén temos praga con minúscula cando non é capital de Chequia). A xente estaba medio atemorizada e a min dábame un pouco de noxo e pena matalos e fíxoseme dura a escena pero non intentei rematar o soño. O que fixen foi ilo deixando un pouco de lado e inventando outro dun certame audiovisual híbrido de películas e documentais. Acábome de lembrar que onte acabei o café, baixei á compra e non o collín. É igual, que hoxe como xa me teño que vestir podo almorzar os cereais e baixar tomalo ao bar. O soño do certame de cine co que escapei dos ratos non tiña moito aquel que se diga. Só había de especial unha mini-sala para grupos pequenos nun 3D moi elaborado no que incluso se movía o chan, retumbaban as paredes e por veces incluso desaparecían e todo parecía infinito producindo unha sensación de...

09-05: dron

Esta noite o último soño borrou os primeiros. De novo foi un soño que unificou varios deles. Realmente non sei para que o escribo porque ten moi pouquiño de relevante, e realmente tampouco non sei por que escribín os anteriores. O evitar que se cumpran non me parece razón convincente porque os houbo moi bos. Basicamente, en Meira facíase unha macro-feira da que non me lembro cal era o seu principal atractivo que unificaba todo, pero na que había postos, por exemplo, de “drons” e artefactos tecnolóxicos do estilo aplicados ao rural (iso supoño que vén porque hai pouco lin algunha noticia e reportaxe sobre o que están a facer en Rozas) ou de elementos de seguridade e transporte de obxectos en zonas de monte para vehículos 4x4. Esta feira era desmesurada e ocupaba Meira enteira. Tiña como tres ou catro zonas para postos. Nos prados da beira do río nas Barreiras había roupa deportiva, roupa técnica, laboral. No campo de fútbol estaba o dos “drons”, que xuntaba moita xente nova e...

05-05: Outra vez aeroportos

Ultimamente estame pasando algo cos soños que normalmente non me pasaba, e é que se me arrexuntan tanto que esquezo moitísimas partes e só me esperto lembrándome un pouco do argumento central. O mércores movín eu só todo o que tiñamos nun conxelador cara outro, para deixalo baleiro e limpalo, e onte proceso inverso para deixar todo no conxelador limpo (e despois limpar o que queda baleiro). Ocupoume practicamente as dúas mañás porque son aínda ben quilos. Teño moitas maniotas nos brazos e creo que iso influíu en que un dos soños que tiven fose sobre unha preparación para unha viaxe a recunchos perdidos de Asia que iamos facer un grupo de amigos xunto a xente que coñeceriamos na preparación, que duraba uns días. Teño dor nos antebrazos aínda agora, facendo a forza de teclear. Non me apetece escribir. O soño veu bastante ao caso. Neses adestramentos tiñamos tamén unha parte vinculada a saber relacionarse e a manter a calma en momentos de tensión, semellante a estas novas “atracc...

Cervexa artesá

Hai uns días que non conto nada dos soños, e non porque non os teña ou non me lembre deles, máis ben porque os da semana pasada foron duros e estraños e quedarán un pouco no caixón do esquecemento. Creo que debe ser así. O de hoxe gustoume moito. Ten unha chea de matices e volve ser dos que ultimamente me veñen, que se funden uns con outros ou se continúan, da tipificación: 1 soño—1 noite, vaia. O que non sei moi ben é como contalo, porque me chegarían un par de liñas dicindo sobre que ía ou podería mandarme 10 páxinas sen problema. O que farei vai ser comentar o argumento e logo desenvolver as partes que máis me gustaron, sen que teñan que ir fiadas ou en orde. O argumento é sinxelo: a volta a unha época na que, coma cando rapaces (e non digo que agora non sigamos sendo rapaces), todo se facía nunha panda, facendo parte do club da galega, unk unk oink. Medramos e diversificamos as pandas, os grupos, pero a pertenza a unha ou outra non era exclusiva. Había unha hibridación d...

Non funcionou

Non me funcionaron os desexos de soños esta vez. Onde se desenvolveu o principal soño desta noite era, como case sempre, unha cidade ficticia e non Mondoñedo. Non é que sexa ficticia de todo senón máis ben unha mestura ficticia de varias cidades reais. Si que adormecín pensando en Cunqueiro, en como xogou coa mitoloxía, en como coa súa intelixencia e picardía se ría de neno dos maiores da vila facéndolle bromas constantemente. Unha vez, alguén que todos coñecedes e que seguro que lle tedes lido moitas cousas, se non foron novelas foron relatos ou artigos, estaba na Flor na barra pequena bebendo non me acordo que, quen estaba con el si que sei que bebía Passportt con laranxa, e víronme facer unha das miñas. Eu era un neno pequeno pero xa me encantaba sacarlle á xente unhas risas. Entón armei unha boa. Quen teña algo de relación con Meira coñece perfectamente a ese veciño terratenente que conseguiu que a vila medrase cara a Pena en vez de cara Vilardemouros. Tamén se digo que ten ...

Outra vez Sherlock

Esta noite sei ben con quen soñei. Espertei só dúas veces, pero deses espertares que teñen a dozura de volverte adormecer aínda máis envolto. Soñei con Sherlock. De neno merquei co que podía aforrar de paga en medio ano, tendo en conta os evidentes gastos en petardos e lambetadas, todo o que Conan Doyle publicou en libro de Sherlock. Tamén sei ben por que soñei con isto. Faleino hai uns días con unha amiga de que relería e vería os novos capítulos, que non me desagradan nada, do Sherlock da BBC. Hoxe vin un, agora, pero despois de soñalo onte. Por iso toda esta mañá no HULA paseima querendo chegar á casa e ver Sherlock. Creo que desde Lynch, Winterbottom, Bergman ou Von Trier non me acontecera que preferise ver algo antes que ler algo ao chegar á casa, e é unha serie. O primeiro soño era totalmente irrelevante. Era só iso, gana de algo. Hoxe vin un deles, e quen escribiu o guión polo menos leu algo no seu día e puxo en palabras de Holmes “son o imbécil máis desagradable, groseiro, i...

Arrepentirse de con quen te deitaches esa noite

A moita xente pásalle que cando pola mañá esperta con alguén ao lado na cama non pode máis que arrepentirse de con quen se deitou esa noite. Eu vino en moitas películas e a min pasoume algunha vez. Sempre tomei decisións drásticas: deixar o libro co que me deitei. A noite pasada non me deitei con ninguén, só din así uns roces e apertas con Russell antes de durmir. O caso é que tiven uns soños marcados por ter frío en bastantes deles e estaren regulados polo tempo, xa que duraron cada un aproximadamente unha hora, polo que foron sete até que espertei no último, no medio dunhas festas polo 15 como lembraba de pequeno pero no que xa non era eu tan pequeno porque sabía xogar ao tute e os maiores xa me deixaban xogar con eles. Sabedes que sempre fun moi raso ao tute e no soño non son moito mellor, pero apañei e todo saíu bastante bordado. No primeiro soño tiven frío porque me sacara toda a roupa para ir á cama e veuse a min a idea de meterlle leña á cociña. Era unha leña brutal e a pa...

O habitual soño de non saír nas fotos

Tristram Shandy Esta noite unha chamada á que non respondín cando comezaba a quedar profundamente durmido acelerou o onirismo de tal maneira que durante tres horas todo foi meu. Houbo un dos pequenos soños que definen por completo ese estado de ánimo co que te deitas (un cansazo brutal despois de andar de matanza bovina e mover e envasar, con algo de axuda de meu pai, os 241 quilos/canal do último boi de Crecente que aínda cumpriría o ano o mes que vén). Hoxe dóeme todo. Teño os brazos e ombreiros en tensión só con estar, como estou agora, escribindo, e incluso parte do pescozo parece que se me quere quedar tolleito. Ese primeiro pequeno sono non foi outra cousa especialmente relevante, movendo o gando polos prados e leiras tal e como foi a miña tónica habitual durante os días da semana pasada, pero que si, como dicía, vén vinculado de xeito directo ao rebentado que me deitei. Outro dos soños pequenos era un híbrido de diversas festas e celebracións ás que me encanta ir e...

Lembranzas de cores

Esta noite tiven moitos soños e moi variados e sen profundidade polo que só vou falar dun deles, que foi máis longo e que pode ter tantas explicacións coma cores hai. Se lle tivese que poñer un nome aos soños supoño que este sería “Lembranzas Pantone”. O soño comeza comigo dando voltas por unha cidade que parece Lugo, pero que está medio desfeita, coas rúas modernas, en costa, desfeitas por algo semellante a unha riada moi forte. Víanse os restos de area de baixo as rúas cos regos feitos de correr a auga sobre elas. Había moi pouca xente e coches case ningún. Eu estaba moi perdido, era incapaz de ubicarme. Íase facendo xa tarde, xusto ese momento do día tan fermoso no que notas que a noite se che vén sobre o lombo . Nese momento eu andaba por unha rúa que era moi cha e desde a que se vía como toda a cidade subía costa arriba, como esa sensación que tés cando ves Porto desde abaixo, ou como ese recordo de cando unha noite de semana de marcha por Vigo viches a ese tipo dese grupo ...

A Lúa

Esta noite foi bastante prolífica en soños longos e bonitos. Supoño que tiveron algo que ver as cervexas que tomamos para recuperar ao vir de xogar, si, recoñézoo, do pádel. Imos aló, modo breve, que xa tampouco creo que isto lle interese a moita xente. O primeiro, que foi tamén o primeiro da noite e despois do cal espertei para ir ao baño xa que a rehidratación despois do deporta así o pedía, era moi intenso e destes soños nos que o que máis ves son persoas que coñeces, coas que te levas ben, e onde todo semella estar planificado para que aconteza así. (Aproveito para facer un inciso porque me doen os ollos cando vexo nas redes cousas de xente dedicada á comunicación con descoñecemento total do idioma: foi ao poñer “o que máis ves son persoas” no canto de “o que máis vés son persoas” porque en galego diferenciamos coa til no presente do “ver” e do “vir”.) O soño centrábase nun novo estadio da vida onde nos íamos atopar todos e todas. Propoñía unha reflexión, unha meditación sobr...

Soñar con unha Meira de xente nova traballando nela

Hoxe volvín a ter uns soños encadeados que duraron practicamente toda a noite, menos co primeiro co que espertei cedo, ese no que contei que estaba Meira nevada e non vou contar nada máis. O segundo di, conta e transmite moitas cousas porque foi enlazando e pasando dun lado a outro. Cada vez me pasa máis isto e vou enfiando un con outro. Como a práctica totalidade dos soños que teño, é en Meira, unha Meira que se vai facendo e collendo forma en plan do que o argumento onírico precisa. Mais, neste caso, era unha Meira como agora de aspecto pero con unha diferenza enorme: nela viviamos case todos e todas da nosa idade. Isto podo dicilo, o de todos e todas, porque me lembro perfectamente de cada un de nós e era xenial. Todxs traballabamos en Meira ou viviamos aquí, non nos víamos 3 veces ao ano como pasa agora (unha polas festas do 15, outra polo Nadal e outra polo entroido). Ben, pois nesta Meira na que traballabamos todxs, lembro especialmente a última parte. A primeira e...

Soños: Unha máquina de bolas que regala fantasía e sorrisos

Había tempo que non contaba nada dos soños, e non porque non os tivese, senón porque os das últimas noites eran moi sinxelos, pouco concretos e abertos. Parecían non ter nada detrás e transmitían pouquiño. Os desta noite foron xeniais porque, ademais de diferentes desde a base ao final co tipo de soños que teño habitualmente, reflectían situacións moi cotiás pero que deixaban entrever unha serie de ideas forza que me pareceron moi acaídas, do tipo; fállache un plan pero pode aparecer outro moito mellor, emprender con ideas concretas de proxectos de baixo impacto social, económico e medioambiental e por riba con alto valor cultural e emocional (dos que enchen). Houbo incluso tamén tempo para un par de soños fantásticos onde nos viamos convertidos nun híbrido entre gnomos e semi-homínidos vivindo en montes como Hansel e Gretel. Os soños foron moi longos e agora teño que erguerme e axudar a meu pai con cousiñas, polo que voulles ir ao argumento e, se cadra despois dalgunha outra noi...

Soños 14-12-2016: "Accidente" de camión no cruce para Riotorto

Tiven unha mala noite e erguinme con algo de dor de cabeza. Só lembro un par de soños. Coma sempre, un bastante longo que foi pasando por diferentes fases, escenas, ideas e intencións, e que eu seguramente asocio coma un único soño ao espertar de xeito definitivo, cando máis parecen diferentes soños pequeniños nos que polo medio hai semi-espertares que lle dan unha continuidade ao argumento (iso que a tantos, cando escribimos, nos rebenta a cabeza). Esta vez o principal conglomerado da acción desenvolvíase arredor do Eo cando xa baixa da serra cara a Pontenova e comeza a dividir Galiza e Asturias, ou Galiza e esa parte de Asturias que falan mellor galego ca na metade do outro lado do Eo (en fin...). A escena centrábase nunha feira, unha feira tradicional, na que a xente de 50-60 anos vendía cousas a xente de 65-80 anos. Eu non tiña nada que comprar nin nada que vender, só ía dar unha volta e ver o que había, polo que o que máis me interesaba era atoparme con alguén. Alí atopei u...

12-12-2016: animais, feira, nenxs.

Esta noite soñei con que estaba polo Milladoiro e por Calo. Foi un hipersoño destes que parece que duran toda a noite pero para nada, ás 6 xa estaba esperto e de 6 a 8 tiven outro soño pero que se viu solapado polo primeiro. Como dicía, transcorre nalgún lugar parecido ao Milladoiro e a Calo e alí van pasando unha serie de cousas que tocan todos os paus e que non vou contar porque me levaría 30 páxinas. Deixo só o resumo. Comeza o soño comigo andando pola rúa, logo entre os prados, nunha bicicleta, e vou vendo como cambiou todo (porque a verdade é que a paisaxe está irrecoñecible na súa evolución). Alí a xente aínda se lembra de min e vaime contando cousas que fixen daquela. Voume metendo por entre prados, fincas e camiños que teñen unha lóxica moi definida, até que chego a un punto no que os camiños se acaban e teño que deixar a bicicleta e comezar a andar a pé, incluso subir un valado case escalando. Aí comezo a ver animais salvaxes: esquíos, lebres, raposos, lontras... aos que ...

Soños 7-12-2016: Meira hai anos, con tren polo medio

Esta noite pasada quería soñar con cousas que non soñei. Non obstante, descubrín en soños outra Meira. Unha das cousas que máis me gusta de ter nacido detrás dun bar é poder escoitar desde neno todas as historias que a xente contaba. A primeira moto que chegou a Meira. O primeiro autobús. O primeiro coche. As primeiras saídas nocturnas en coche da xuventude, con 8 rapaces nun 600, o condutor sen carné. Creo que onte no soño fixen unha recompilación de todo iso e deille unha gran volta propia. Onde están os Pepes (lembrades antes do edificio aquela casoa tan grande que facía esquina?) pois había un gran ultramarinos que daba abasto á cantidade de carros e autobuses que pasaban do centro de Lugo en dirección á Mariña e viceversa. Daquela en Meira cada baixo dunha casa era unha taberna e cada piso de arriba unha pensión. Houbo máis de tres ducias de tabernas, segundo me teñen contado. No soño era o mesmiño pero con unha gran diferenza: que pola beira da estrada Nacional circulaba un tren...

Soños 6-12-2016: Adestramento co Meira e feira de produtos da terra

Esta noite é a clásica de que espertas ás 5 da mañá coma quen xa durmiu todo o que tiña que durmir. Lémbrome dos soños ata ese espertar, e logo erguinme ás 8 con outros tres ou catro soños máis breves, dos que non vou dar conta porque son bastante irrelevantes e non aportan nada aquí (aínda que a min si que me aportan o durmir xenial). Os argumentos centrais dos soños desta noite son, por unha banda, un adestramento na Lomba co Meira FC no que había moita tensión entre nós e unha feira de produtos da terra cun final moi de ficción e duro. Comezo polo primeiro. Estabamos adestrando unha noite na Lomba, e logo duns exercicios comezamos unha pachanga entre nós. O campo estaba bastante embarrado, as cousas non saían e custaba moverse. Habíamos moita xente alí, todos vestidos de escuro, e eu a moita xente non a coñecía, incluso había xente de Pol, da Pontenova e doutros países. Eu estaba bastante fóra de forma e xogando de medio centro non daba feito, polo que pedín irme para a porter...