Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta libro máxico

Soños (05-12-2016) Fluír en harmonía

Fluír en harmonía, algo que os soños consiguen moi facilmente e só uns cantos xenios conseguiron facer coas letras, coa música ou co cine. Ademais de dous soños que non podo contar (non por medo a que non se cumpran, nin por lascivos nin nada diso, senón porque son ideas coas que levo tempo detrás sobre as que escribir) soñei co festival no que nos viamos, polo que o panel dos soños volve a cumprir o seu cometido e estou bastante feliz. Antepóñolle o “bastante” ao “feliz” porque soñei con moitos e moitas de vós que levo moito tempo sen ver e que, está claro, até nos soños boto de menos. Supoño que por aínda vir dunha fin de semana do Culturgal, o festival era máis de mistura cultural que un festival musical de verán. O que non semellaba era que fose no país, parecía fóra, e a raíz de que parecese que era fóra podía ver a cantidade de xente que vos dixen. Non vou dicir nomes concretos, porque sodes moitos e moitas, e tan só vou dicir un porque sei a razón concreta de aparecer ...