Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta vilaoudriz

Soños 7-12-2016: Meira hai anos, con tren polo medio

Esta noite pasada quería soñar con cousas que non soñei. Non obstante, descubrín en soños outra Meira. Unha das cousas que máis me gusta de ter nacido detrás dun bar é poder escoitar desde neno todas as historias que a xente contaba. A primeira moto que chegou a Meira. O primeiro autobús. O primeiro coche. As primeiras saídas nocturnas en coche da xuventude, con 8 rapaces nun 600, o condutor sen carné. Creo que onte no soño fixen unha recompilación de todo iso e deille unha gran volta propia. Onde están os Pepes (lembrades antes do edificio aquela casoa tan grande que facía esquina?) pois había un gran ultramarinos que daba abasto á cantidade de carros e autobuses que pasaban do centro de Lugo en dirección á Mariña e viceversa. Daquela en Meira cada baixo dunha casa era unha taberna e cada piso de arriba unha pensión. Houbo máis de tres ducias de tabernas, segundo me teñen contado. No soño era o mesmiño pero con unha gran diferenza: que pola beira da estrada Nacional circulaba un tren...