Esta noite espertei bastante cedo, coma de costume, pero foi no medio dun soño e erguinme dese xeito que pode parecer somnámbulo, pero que non o é porque non é na fase que lle correspondería. Si podería ser unha especie de ensoñación, se me permitides a palabra. Sentía certa tensión porque ía participar nunha carreira. Poucas veces sentín tensión nesas cousas na vida real, simplemente corría porque me gustaba e contra o único que competía era contra min mesmo. Esta carreira semellaba como un tríatlon, e eu son do peor en bicicleta e do peorcísimo nadando, pero era especial porque as bicicletas eran antigas e o treito da competición era urbano antigo, de chao de pedra. Só estabamos seis para competir porque había só seis bicis, entón eu estiven un bo anaco mirando cal delas parecía a mellor para tentar collela antes có resto. Meu pai estaba comigo e recomendábame cal coller porque el de bicis controla moito ao andar con elas nos seus anos emigrados por Europa, e Suíza, adiante...