Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Vilachá

Polo menos por unha noite

Estaban practicamente sós no medio do monte. Non había cobertura. Non facía frío, nin calor, ou pode que un pouco de calor inducido polos 14° da última botella de mencía que tomaran a medias. “Case a tomou toda ela” ─pensou el lambéndose os beizos con certo disimulo, malia que non o vía ninguén, para comprobar se era moi evidente a capa de costra que con algo de sabor doce notaba. A música dos Festicultores escoitábase moi ao lonxe tapada polas árbores en flor que facían de barreira da festa do viño de Vilachá e dun mundo feliz que acaban de deixar e, seguramente, estaban cambiando por outro. No país hai moitas festas polo verán, varias en primavera e abondas en inverno, e un rapaz de 17 anos tiña que coñecelas case todas e comezar a non perderse ningunha. Debían disimular para chegar até un pouco máis lonxe e, para marchar do balbordo simulando ir aos baños, fixeron a de “cada un polo seu lado e atopámonos alí”. Alí era unha antiga caseta da luz que precisamente non tiña o que...