Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta disfraz

Disfraz

Yusuke Hanai Non teño nada claro por onde comezar os soños desta noite pasada porque foron moitos e lémbroos con unha perfección de ton positivo que me descolocou até a min mesmo. Descolocoume non polo positivo senón pola perfección—xa me entendedes, e porque tamén, a pesares de espertar entre eles e cambiar de postura na cama, volven a ter un fío que os conecta. Vou ser moi breve porque me apetece escribir pero non disto. Apetéceme escribir do xeito contrario a como escribo sobre os soños, aínda que tamén me encanta o que ten de creativo aproveitar ese estado de semi-inconsciencia neuronal de polas mañás no que todo na cabeza flúe moi rápido malia que non sexa polos camiños que se move normalmente. Ao que ía, o soño central, o penúltimo e que mellor lembro: era un paseo por unha vila galega de tamaño medio. Escapando un pouco do centro da vila subín por unhas costas cara algo que se vía feito cara a montaña. Semellaba un pouco o paseo cara a Cidade da Cultura. No medio da mont...