Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta soño

Incongruencia

Onte foi un día completo. Erguinme cedo, lin, cociñei, baixei á feira cos amigos, fun ver o fútbol á Lomba, fomos xogar ao pádel e durmín despois de escribir un pouco. Despois diso os soños foron bastante sinxelos e metaforicamente entendibles á perfección. O primeiro foi moi longo e semi-espertei sobre as 5 da mañá querendo lembralo todo. Intenteino, pero só conseguín lembrar o miolo, o cerne, o argumento central (isto é imitando a meu pai, e quen o coñecedes teredes que darme a razón, que sempre, sempre, pon como mínimo tres sinónimos para un exemplo que está contando: [“en Suíza xuntabámonos todos os galegos polo menos un día á semana e viámonos, apoiabámonos, axudabámonos os uns aos outros”]. Ben, este argumento central era levar a cabo un proxecto global de divulgación do achado e recuperación dun importante conxunto arquitectónico vinculado a unha familia da última época romana da cidade (non era ningunha cidade concreta). Era un proxecto de enorme repercusión polo que as a...

Outra vez Sherlock

Esta noite sei ben con quen soñei. Espertei só dúas veces, pero deses espertares que teñen a dozura de volverte adormecer aínda máis envolto. Soñei con Sherlock. De neno merquei co que podía aforrar de paga en medio ano, tendo en conta os evidentes gastos en petardos e lambetadas, todo o que Conan Doyle publicou en libro de Sherlock. Tamén sei ben por que soñei con isto. Faleino hai uns días con unha amiga de que relería e vería os novos capítulos, que non me desagradan nada, do Sherlock da BBC. Hoxe vin un, agora, pero despois de soñalo onte. Por iso toda esta mañá no HULA paseima querendo chegar á casa e ver Sherlock. Creo que desde Lynch, Winterbottom, Bergman ou Von Trier non me acontecera que preferise ver algo antes que ler algo ao chegar á casa, e é unha serie. O primeiro soño era totalmente irrelevante. Era só iso, gana de algo. Hoxe vin un deles, e quen escribiu o guión polo menos leu algo no seu día e puxo en palabras de Holmes “son o imbécil máis desagradable, groseiro, i...

Gatiño en soños

Desta noite apenas lembro os soños. Só o último. Durmín, coma sempre, xenial e espertei cedo. Apuntei catro cousiñas e volvinme deitar e algo cheguei a adormecer de novo, con soños pequeniños. Si me pasou unha cousa que non é habitual e que creo que só me pasou outro par de veces: recoller outro soño, ou algunha escena ou anécdota puntual que tiven tempo atrás noutro soño, e avanzar a partir de aí. Vou comezar, como comezan os grandes, polo medio da historia. Tempo atrás soñei cun gato guapísimo (o noso) que estaba subido no alto dun edificio dos que antes nos 70 eran novos e agora son retro-vellos. Eu ía coa cámara e apeteceume moitísimo facerlle unha foto pero era un lugar de uso privado, coma un hospital ou pensión de xeriatría. Entón metinme como puiden, disimulando, iso que a mochila da Nikon facía que mirasen aínda ben para min. Conseguín subir ao 9º andar, cruceino enteiro e saín polas escaleiras de emerxencia porque era onde mellor podería coller a foto do gatiño. Asomei...