Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta The swimmer

O nadador

   Era un deses domingos de metade de verán nos que todo o mundo repite: “Onte á noite bebín demasiado”. Puidéchelo escoitar dos feligreses ao saír da igrexa, ou dos beizos do mesmo párroco mentres se desposuía da sotana na sancristía, ou nos campos de golf e nas pistas de tenis, e tamén na reserva natural onde o xefe do grupo Audubon sufría os efectos dunha terrible resaca. ─Bebín demasiado ─dixo Donald Westerhazy. ─Todos bebemos demasiado ─dicía Lucinda Merrill. ─Debeu de ser o viño ─explicaba Helen Westerhazy─. Bebín demasiado clarete.    Isto pasaba á beira da piscina dos Westerhazy. A piscina, cuxa auga proviña dun pozo artesiano que tiña un elevado contido en ferro, tiña unha suave tonalidade verde. Facía moi bo día. Cara o oeste amontoábanse no ceo os cúmulos, tan parecidos a unha cidade vista de lonxe ─desde a proa dun barco achegándose─ que podían ter un nome. Lisboa. Hackensack. O sol quentaba ben. Neddy Merrill, sentado no bordo da piscina, cun...