Atrás están xogando ao xadrez Paterson de Jim Jarmusch é unha peli bastante boa. Salvo con cousas moi evidentes, eu son un crítico soft, polo que nunca vou dicir é mala ou regular. Onte vina e durmín e soñei moi ben. Durmín moi ben despois de que as dúas noites pasadas me enfeixaran nun estado onírico moi duro e que non é habitual en min. Espertei con antollo: ir cear ao Forno, enchernos cun bo tajín e cuscús e que Suso Carreira nos debuxe na mesa e nos faga uns trucos de maxia. Paterson dá conta da semana de vida dun chofer de autobús que quere ser poeta ─esta é a recensión da película, se queredes podedes seguir lendo pero non me culpedes─. O chofer de autobús vai sempre á noite sacar o can a pasear e tomar unha caña mentres fala co dono. Ese bar é coma o Jazz&Beer, unha copia do Jazz&Beer e con toques do Fuco Lois. Pósters e recortes de prensa de concertos, xadrez de Miki na esquina da barra e outros xogando ao xadrez nunha mesa ou a parella que sempre discute (ía ...