Polo día saiu o sol e a neve desfíxose e converteuse en auga sucia. Finos reguiños de auga caían da pequena ventá –aberta á altura do ombreiro- que daba ao patio traseiro. Os coches pasaban pola rúa, salpicando. Oscurecía, fóra e dentro. El estaba no cuarto metendo roupa nunha maleta cando ela se lle arrimou á porta. -Alégrome de que te vaias, alégrome de que te vaias! –dixo ela. Oíches!? El seguiu metendo cousas na maleta sen erguer a vista. -Fillo de puta! Estou tan contenta de que te vaias! –e púxose a chorar. Nin sequera te atreves a mirarme á cara, non é? Entón viu a foto do bebé enriba da cama, e colleuna. El mirouna; ela secou os ollos e quedouse mirándoo, e despois deuse a volta e volveu para o salón. -Devólveme iso. -Colle as túas cousas e vaite –dixo ela. El non respondeu. Pechou a maleta, puxo o abrigo e mirou o dormitorio antes de apagar a luz. Despois saiu ao salón. Ela estaba de pé na cociña, co pequeno nos brazos. -Quero o pequen...