Dalgún xeito creo que son lector doutro lector. A maioría do que leo desde hai anos (non de pequeno) é porque alguén mo recomendou, agasallou ou lle escoitei falar ben del. Isto fala moito dun, algo así como dicía Steiner que o lector tamén é lido polo libro que ten entre as súas mans. Eu son un pouco de marcar, de pasar raias por baixo das significacións do texto, glosar os contidos a base de frases e pensamentos, destacar parágrafos. Quen me pilla descolocado líbrase bastante fácil das marcas, agora que aqueles que quero e me gustan... Por iso, si, por iso é fácil ver os meus libros con tarxetas do bar no que lin aquel capítulo, anacos de papel para limpar os beizos ou o tícket da compra que acababa de facer. Steiner chámalle a isto a lectura como acción . A acción comprendería o anonimato, a soidade, o silencio, unha forma de peche co libro que o lector reescribe ao seu modo e participando dun debate no que xa non necesita a presenza nin a opinión do autor. Gústame que os lib...