Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta lume

O habitual soño de non saír nas fotos

Tristram Shandy Esta noite unha chamada á que non respondín cando comezaba a quedar profundamente durmido acelerou o onirismo de tal maneira que durante tres horas todo foi meu. Houbo un dos pequenos soños que definen por completo ese estado de ánimo co que te deitas (un cansazo brutal despois de andar de matanza bovina e mover e envasar, con algo de axuda de meu pai, os 241 quilos/canal do último boi de Crecente que aínda cumpriría o ano o mes que vén). Hoxe dóeme todo. Teño os brazos e ombreiros en tensión só con estar, como estou agora, escribindo, e incluso parte do pescozo parece que se me quere quedar tolleito. Ese primeiro pequeno sono non foi outra cousa especialmente relevante, movendo o gando polos prados e leiras tal e como foi a miña tónica habitual durante os días da semana pasada, pero que si, como dicía, vén vinculado de xeito directo ao rebentado que me deitei. Outro dos soños pequenos era un híbrido de diversas festas e celebracións ás que me encanta ir e...