Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ruído relatos de guerra

O neno que sentaba a ler nunha caixa de cervexas

Hai dúas semanas no Jazz&Beer puxémonos deberes despois de chegar a unha conclusión (que foi pena que fose nosa, e non de Darío Villanueva): Ánxel Fole sería Nóbel de non ser galego. Foi unha conclusión que levou unhas cantas voltas, unhas cantas análises, unha escapada á casa para traer a edición comentada que fixo con esmero Claudio Rodríguez Fer, vernos metidos nas 10 da noite aínda abrazados estruturalmente até que houbo que acudir aos franceses, sempre eles, e mirar desde o prisma do Grado cero da escritura de Barthes a perfección, pureza e autenticidade do relato en Fole. Non nos cremos Bloom porque sabemos que o canon está errado. É Fole menos ca Alice Munro? A min de deberes tocáronme Sherwood Anderson e Bruce Chatwin, un americano do centro norte, de Ohio, co impresionante libro de contos Winesbourg, Ohio , pura gozada, o outro inglés de Sheffield, fabulador de historias e home viaxado, un Cunqueiro que á historia lle amecía outra metade e media. Eu de deberes pux...