Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ler

O vicio da lectura de Edith Wharton

O feito de que a difusión do coñecemento adoite ser clasificada, xunto coa máquina de vapor e o sufraxio universal, na categoría dos avances modernos deu lugar ao xurdimento dun vicio novo: o vicio da lectura. Non hai vicios tan difíciles de erradicar como aqueles que popularmente se consideran virtudes. Entre estas virtudes a máis notable é o vicio da lectura. Adóitase admitir que a lectura de lixo é un vicio e con todo a lectura per se, o hábito de ler, a pesar de ser novo, figura xa entre virtudes tan ben reputadas como a sobriedade, o aforro, madrugar e practicar regularmente exercicio. Con todo, hai algo particularmente agresivo na virtude do sentido do deber que posúe un lector. Para quen atende ás indicacións máis estritas da preceptiva, o lector aparece como alguén que cumpre coas regras da perfección: “Canto me gustaría ter lido tanto coma vostede?”, confésalle o novizo iletrado ao adepto á excelencia, e o lector, tan adoitado ao incenso do aplauso indiscriminado, mira ...

Arrebolar a fantasía ao ceo

Esta noite espertei bastante cedo, coma de costume, pero foi no medio dun soño e erguinme dese xeito que pode parecer somnámbulo, pero que non o é porque non é na fase que lle correspondería. Si podería ser unha especie de ensoñación, se me permitides a palabra. Sentía certa tensión porque ía participar nunha carreira. Poucas veces sentín tensión nesas cousas na vida real, simplemente corría porque me gustaba e contra o único que competía era contra min mesmo. Esta carreira semellaba como un tríatlon, e eu son do peor en bicicleta e do peorcísimo nadando, pero era especial porque as bicicletas eran antigas e o treito da competición era urbano antigo, de chao de pedra. Só estabamos seis para competir porque había só seis bicis, entón eu estiven un bo anaco mirando cal delas parecía a mellor para tentar collela antes có resto. Meu pai estaba comigo e recomendábame cal coller porque el de bicis controla moito ao andar con elas nos seus anos emigrados por Europa, e Suíza, adiante...