Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta gallumbos

12_06 Proporción de calcetíns vs. gallumbos

Esta mañá espertei lembrando os soños de onte. Non todos, só dous. Xa onte pasei o día con eles na cabeza pero non entendín moi ben por que duran até esta mañá porque o que máis me preocupaba a primeira hora de hoxe era a diferenza de volume (e número) entre gallumbos e calcetíns que teño. É unha desigualdade bastante inexplicable: de compralos soltos compro un e un, e se veñen por parellas ou de tres en tres, igualiño; un pack de gallumbos e outro de calcetíns. Por iso debería estar a cousa bastante igualada no tocante ao número malia que a respecto da combinación entre uns e outros... Si, cando pillo de tres en tres case seguro que dous gallumbos e dous calcetíns do pack encaixan e pegan moi ben uns cos outros pero o par que queda son día e noite, azul e negro, vermello e laranxa. Pero o que máis me preocupaba, como dixen, non era que non combinasen, era a desproporción do alto número de calcetíns a respecto dos gallumbos. Os calcetíns gástanse, rompen, saes por aí e sácalos para c...