Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta racha

cicatriz

Sei que esta terrible racha que levo deixará en min marcas para sempre e se cadra por iso será boa. Tiven un soño longuísimo esta noite pasada, era todo un bico, e iso fíxome pensar moito.   Fíxome pensar e tamén ao mesmo tempo me deu unha especie de forzas en positivo porque, sexamos realistas, pouco máis para peor pode ir, así que estou seguro de verme diante do comezo dunha boa racha. Razón esta pola que tiña que escribir estas palabras, porque fosteis moitos e moitas quen estivestes comigo en diferentes días e noites e moitos e moitas outras quen seguiredes estando. P olo de pronto, ben mirado, é para rirse. Dous roubos nunha semana, unha caída fatal... Pero todo é material, sen máis, (salvo o contido das dúas memorias usb e a cicatriz que me quedará na cara) e iso non me preocupa.   Despois, coma sempre, volta á soidade, volta a Pessoa, porque entre o que escribiu e viviu faime entender moitas cousas. Síntome, coma el, incapaz de verme só, necesitado de ter contac...