Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta apetito

Ser feliz, entusiasmarse.

Para Russell o trazo máis universal e distintivo das persoas felices é o entusiasmo. Di que a mellor maneira de entender o entusiasmo sería analizando os diferentes comportamentos das persoas cando se sentan a comer. Para algúns, a comida non é máis cá un aburrimento; por moi boa que estea, a eles non lles parece interesante. Comeron pratos excelentes con anterioridade, posiblemente en case todas as comidas da súa vida. A comida como un simple acto convencional ou costume da sociedade na que viven.  Están tamén os inválidos que comen por puro sentido do deber, porque o médico lles dixo que é necesario tomar un pouco de alimento para conservar a enerxía.  Temos, por outra banda, aos epicúreos, que empezan moi animados e van descubrindo que nada está tan ben cociñado como debería.  Outra categoría é a dos lambóns, que se lanzan sobre a comida con voracidade, comen demasiado e quedan inchados e cheos de gases.  Por último, están os que empezan a comer...