Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta feira

Outra vez Sherlock

Esta noite sei ben con quen soñei. Espertei só dúas veces, pero deses espertares que teñen a dozura de volverte adormecer aínda máis envolto. Soñei con Sherlock. De neno merquei co que podía aforrar de paga en medio ano, tendo en conta os evidentes gastos en petardos e lambetadas, todo o que Conan Doyle publicou en libro de Sherlock. Tamén sei ben por que soñei con isto. Faleino hai uns días con unha amiga de que relería e vería os novos capítulos, que non me desagradan nada, do Sherlock da BBC. Hoxe vin un, agora, pero despois de soñalo onte. Por iso toda esta mañá no HULA paseima querendo chegar á casa e ver Sherlock. Creo que desde Lynch, Winterbottom, Bergman ou Von Trier non me acontecera que preferise ver algo antes que ler algo ao chegar á casa, e é unha serie. O primeiro soño era totalmente irrelevante. Era só iso, gana de algo. Hoxe vin un deles, e quen escribiu o guión polo menos leu algo no seu día e puxo en palabras de Holmes “son o imbécil máis desagradable, groseiro, i...

Soños 14-12-2016: "Accidente" de camión no cruce para Riotorto

Tiven unha mala noite e erguinme con algo de dor de cabeza. Só lembro un par de soños. Coma sempre, un bastante longo que foi pasando por diferentes fases, escenas, ideas e intencións, e que eu seguramente asocio coma un único soño ao espertar de xeito definitivo, cando máis parecen diferentes soños pequeniños nos que polo medio hai semi-espertares que lle dan unha continuidade ao argumento (iso que a tantos, cando escribimos, nos rebenta a cabeza). Esta vez o principal conglomerado da acción desenvolvíase arredor do Eo cando xa baixa da serra cara a Pontenova e comeza a dividir Galiza e Asturias, ou Galiza e esa parte de Asturias que falan mellor galego ca na metade do outro lado do Eo (en fin...). A escena centrábase nunha feira, unha feira tradicional, na que a xente de 50-60 anos vendía cousas a xente de 65-80 anos. Eu non tiña nada que comprar nin nada que vender, só ía dar unha volta e ver o que había, polo que o que máis me interesaba era atoparme con alguén. Alí atopei u...

12-12-2016: animais, feira, nenxs.

Esta noite soñei con que estaba polo Milladoiro e por Calo. Foi un hipersoño destes que parece que duran toda a noite pero para nada, ás 6 xa estaba esperto e de 6 a 8 tiven outro soño pero que se viu solapado polo primeiro. Como dicía, transcorre nalgún lugar parecido ao Milladoiro e a Calo e alí van pasando unha serie de cousas que tocan todos os paus e que non vou contar porque me levaría 30 páxinas. Deixo só o resumo. Comeza o soño comigo andando pola rúa, logo entre os prados, nunha bicicleta, e vou vendo como cambiou todo (porque a verdade é que a paisaxe está irrecoñecible na súa evolución). Alí a xente aínda se lembra de min e vaime contando cousas que fixen daquela. Voume metendo por entre prados, fincas e camiños que teñen unha lóxica moi definida, até que chego a un punto no que os camiños se acaban e teño que deixar a bicicleta e comezar a andar a pé, incluso subir un valado case escalando. Aí comezo a ver animais salvaxes: esquíos, lebres, raposos, lontras... aos que ...