Saltar ao contido principal

lugares e estrelas

Desde onde agora estou vense as estrelas, por primeira vez en moito tempo. Estou sentado onde ti soías sentar e iso fai que o tempo se volva atrás, mirando as estrelas.

Nos momentos nos que unha persoa se sinte como eu o fago semella que o ambiente o envolve, a atmosfera. Hai poucas cousas máis máxicas ca un bico. O bico en si non ten nada de maxia, a maxia é do intre no que sucede, a atmosfera. Que o envolve.

É iso de estar só, poñer música, cociñar, saír á terraza, sentir a noite. A atmosfera.

Cando isto pasa sabes que é verdade. Pódese buscar a maxia, podémonos pór a andar e saírlle ao camiño, pero a atmosfera ten que vir, aparece, e é tan real coma o frío que me acaba de coller.

Quen onte fun xa hoxe en min non vive.

Como non te soñar?

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero ...

Soños 6-12-2016: Adestramento co Meira e feira de produtos da terra

Esta noite é a clásica de que espertas ás 5 da mañá coma quen xa durmiu todo o que tiña que durmir. Lémbrome dos soños ata ese espertar, e logo erguinme ás 8 con outros tres ou catro soños máis breves, dos que non vou dar conta porque son bastante irrelevantes e non aportan nada aquí (aínda que a min si que me aportan o durmir xenial). Os argumentos centrais dos soños desta noite son, por unha banda, un adestramento na Lomba co Meira FC no que había moita tensión entre nós e unha feira de produtos da terra cun final moi de ficción e duro. Comezo polo primeiro. Estabamos adestrando unha noite na Lomba, e logo duns exercicios comezamos unha pachanga entre nós. O campo estaba bastante embarrado, as cousas non saían e custaba moverse. Habíamos moita xente alí, todos vestidos de escuro, e eu a moita xente non a coñecía, incluso había xente de Pol, da Pontenova e doutros países. Eu estaba bastante fóra de forma e xogando de medio centro non daba feito, polo que pedín irme para a porter...

Igual a literatura nos vale para salvar a vida

Se somos bos coa vida, se sabemos construírmos historias polo camiño, a vida non nos abandonará, pero se non lle contamos historias á vida, esta destruiranos. Vivir é entón un acto de amor coa vida, conseguirmos mantela sempre expectante xa que a cada momento temos que asombrala coas nosas decisións cabais, seica cos nosos amores inevitables, e coas nosas xustas decisións. Xa Sartre e outros se xuntaban para preguntarse para que serve a literatura e a vida. Para que serve contar historias? Á princesa das mil e unha noites valeulle exactamente para salvar a vida. A historia dicía que o rei Shariar, en completo despeito pola infidelidade da súa muller cun dos seus escravos, decidiu que cada noite se deitaría cunha rapaza e mataríaa antes de saír o sol, para evitar novas traizóns. O que non sabía o rei é que aquela tan fermosa Scherezade sabía 1001 contos que foi tecendo un con outro até conseguir a súa propia confianza. Paréceme unha metáfora preciosa. Igual iso, a literatura no...