Lembro aquela cea falando con Cadaval sobre como contar historias na que eu lle comentaba que Mark Twain recopilara nalgún libriño as súas opinións e técnicas que fora vendo noutros humoristas e tamén aprendendo e desenvolvendo por si mesmo. Como bo humorista era un farsante. Sempre presumiu das súas dotes para saír do paso, de non preocuparse da técnica oral... e nese libro xustamente fai o contrario, pór en escrito como para el se deben contar as historias orais. Faino con bastan profusión, con exemplos, incluso con opinións persoais, etc. Entresaco este paragrafiño como mostra. “Se estou no certo, a base da arte de contar historias humorísticas é engarzar incongruencias e desatinos paseniño sen ningún obxectivo aparente e, á vez, parecer que se din sen decatarse de que o son. Outra característica é a de pasar polo retrouso de corrido. A terceira sería deixar caer unha observación estudada sen parecer sabelo, coma se se pensase en alto. A cuarta e última é a pausa”. Neste sentido...