1-Un gran grupo de amigos e amigas íamos de cea co único motivo de xuntarnos, lembrar cando eramos rapaces, falar, en fin, para o que se queda nese tipo de cousas (como se nota que os soños tamén reflicten o que lle tarda a un mesmo). A cea era moi rara, nun gran centro comercial (unha mestura das Termas e as Cancelas) pero absorbido totalmente nunha das plantas por unha franquicia de comida semi-rápida á brasa. Eso daba un comedor de igual 1000 mesas. Tiña unha entrada tipo recibidor na que íamos chegando e xa nos ían dicindo: “ides para a cea dos “amigos”?, vinde por aquí”, e sentábannos nunha mesa moi grande, súper aberta case no medio de todo o resto do comedor, o que me pareceu algo regular porque seríamos o centro de atención. O que si me gustou foi a amplitude das mesas e a altura do local que daba tranquilidade. Cando comezabamos a sentarnos, sacábamos a chaqueta e iso, veu por min un dos empregados, moi atento, e preguntoume se eu era Xose, que o acompañase á recepción que m...