A CASA DE IRENE “A Néstor Rosa Giffuni” I Hoxe fun á casa dunha rapaza que se chama Irene. Cando a visita terminou atopeime con unha nova calidade de misterio. Sempre pensei que o misterio era negro. Hoxe atopeime cun misterio branco. Este diferenciábase do outro en que o outro tentaba destruílo e este non tentaba nada: un atopábase envolto nel e non lle importaba nada máis. No primeiro momento Irene é a persoa que con máis gusto poñeríamos poñeríamos de exemplo como simpaticamente normal: é moi saudable, franca e expresiva; sobre calquera cousa di o que diría un exemplar de ser humano, pero sen ningunha insensatez nin ningún interese máis intenso do que require o asunto; di palabras de máis como cando unha persoa se desborda, e de menos como cando se retrae; cando se ri ou chora parece moi saudable e así sucesivamente. E non obstante, na súa mesma espontaneidade está o misterio branco. Cando toma nas súas mans un obxecto, faino con unha espontaneidade...