Saltar ao contido principal

saltou ou empuxárona?

Onte pola tarde recibín unha chamada importante: sardiña de Portosín a 6,95. Era do Mercadona de Santa Marta. A partir de aí nada foi o mesmo. A tarde moveuse convulsa a ritmo de músicas nunca antes tocadas, feitas de acordes inexistentes, e voces interiores cantando a coro unha derrota. Apareceu un home reclamando un dinosauro e levouno, porque lle quedara onte esquecido. Era un dinosauro moi grande, de plástico do bo.

Durmín unha sesta, espertei bañado en sorrisos dunha semana que empezou domingo, como, por outra parte, é o habitual en moitas outras partes do mundo fóra de Meira. Fun mandar uns paquetes para Portugal (Amarante e Porto) e todo seguía parecendo domingo. Que volátil todo, Porto-Lisboa. Porque yo sé que la sonrisa que se dibuja en tu cara tiene que ver con la brisa que abanica tu mirada. Soa o teléfono do bar e preguntan por ti. I-Stones en Marcha, Rolling, dobrarlle todo e xogarlle arriba aos bonos a 3.

Saltou, ou empuxárona?


Para a semana xa nos vemos e reconciliámonos. Vou tender a roupa

Comentarios

Publicacións populares deste blog

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero ...

Meira-Praga (1/2)

Hai uns días pasoume que planifiquei un soño dentro dun soño, o que excedeu o de ter o dominio para poder ir e vir neles e que xa me tiña pasado. Diante dunha situación dada puiden desenvolver un argumento que me pareceu ben, re-pechar os ollos e seguir adiante coa historia. Esta noite non conseguín chegar a ese punto pero intenteino. Sei con certeza que unha parte importante dos microespertares que me levan estes días a acanearme sobre unha diversidade onírica, por outra parte sempre moi presente na miña cabeza, veñen motivados por diminutas picaduras de mosquitos. Hoxe a conxunción aínda se fai máis evidente xa que, ademais de por todo o corpo, na punta do dedo grande da man esquerda teño, en forma de inchazón, os restos da cea desta noite dun deses mosquitos polo que me acordo del a cada “d”, “c” ou “e” que tecleo. Pois ben, nunha das primeiras fiadas propúxoseme unha viaxe de mochileiro por Centroeuropa. Pareceume correcto. Entón dinlle unha volta para ter polo menos algunha moti...

T-bone steak from Verín

Onte saudoume un home que eu non coñecía. Vaia, en realidade si que o coñecía, ou coñecino hai un tempo e esquecérame del, pero el acordábase de min. Veu falarme. Saudoume e sorriu: ─Ei, ese de Lugo, e que fas por aquí, de vacacións!? ─Dando un paseo... estou traballando cerca de aquí... ─dixen con moita timidez e sen aínda conseguir recoñecelo. ─Ahhh! Pensei que estarías de vacacións. (custoume asociar vacacións con estar en Ourense) ─Non! Levo pouco tempo traballando en Chantada e hoxe vin dar unha volta por aquí. ─Está ben, a pasar calor viñeches, heheh! ─A verdade é que aquí non se para, mimadriña! ─Xa te irás afacendo... E por Barcelona, non volviches nada? Nese momento quedeime calado, absorto. Recoñecíame de Barcelona. Un flash na cabeza levoume ao mercado de Santa Catarina, vinme comendo ostras francesas e falando coa señora de Ourense que tiña unha labia enorme e me contara que casaran e viñeran xa para o mercado había 30 anos. Pero non era o home dela quen me recoñ...