Saltar ao contido principal

Acordarse

Acábame de ver un rapaz empezando a páxina en branco, a cero. Veu cara min e, nun momento de tensión e miradas directas, preguntoume onde comprara o polo violeta que levo posto. Dubidei, botei a man á barba con nervios, notei que a teño moito máis longa do lado esquerdo que do dereito (e que o teño que solucionar hoxe, porque debo ir dando vergoña por aí adiante), e non lle contestei.
-Non o lembro.
-I can't remember, sorry.
(preguntárame en inglés)
-Don't worry, can we sit and drink with you?
O abrazo non sei se mo deron en inglés ou en galego. Eu sentino moi noso. Pedir de beber, pedín eu.

Agora estou tendendo a roupa e é cando me acordo disto, como me pasa normalmente. Acórdome dela cando xa se marchou.

Se baixa hoxe alguén á Reixa que lle pague algo aos meus recordos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero ...

Igual a literatura nos vale para salvar a vida

Se somos bos coa vida, se sabemos construírmos historias polo camiño, a vida non nos abandonará, pero se non lle contamos historias á vida, esta destruiranos. Vivir é entón un acto de amor coa vida, conseguirmos mantela sempre expectante xa que a cada momento temos que asombrala coas nosas decisións cabais, seica cos nosos amores inevitables, e coas nosas xustas decisións. Xa Sartre e outros se xuntaban para preguntarse para que serve a literatura e a vida. Para que serve contar historias? Á princesa das mil e unha noites valeulle exactamente para salvar a vida. A historia dicía que o rei Shariar, en completo despeito pola infidelidade da súa muller cun dos seus escravos, decidiu que cada noite se deitaría cunha rapaza e mataríaa antes de saír o sol, para evitar novas traizóns. O que non sabía o rei é que aquela tan fermosa Scherezade sabía 1001 contos que foi tecendo un con outro até conseguir a súa propia confianza. Paréceme unha metáfora preciosa. Igual iso, a literatura no...

T-bone steak from Verín

Onte saudoume un home que eu non coñecía. Vaia, en realidade si que o coñecía, ou coñecino hai un tempo e esquecérame del, pero el acordábase de min. Veu falarme. Saudoume e sorriu: ─Ei, ese de Lugo, e que fas por aquí, de vacacións!? ─Dando un paseo... estou traballando cerca de aquí... ─dixen con moita timidez e sen aínda conseguir recoñecelo. ─Ahhh! Pensei que estarías de vacacións. (custoume asociar vacacións con estar en Ourense) ─Non! Levo pouco tempo traballando en Chantada e hoxe vin dar unha volta por aquí. ─Está ben, a pasar calor viñeches, heheh! ─A verdade é que aquí non se para, mimadriña! ─Xa te irás afacendo... E por Barcelona, non volviches nada? Nese momento quedeime calado, absorto. Recoñecíame de Barcelona. Un flash na cabeza levoume ao mercado de Santa Catarina, vinme comendo ostras francesas e falando coa señora de Ourense que tiña unha labia enorme e me contara que casaran e viñeran xa para o mercado había 30 anos. Pero non era o home dela quen me recoñ...