Na miña segunda subida á Serra de Meira Sabía que o estaba facendo ben. Sen nunca telo como unha obsesión, adoecía cada día por saír ao monte unha, dúas, tres horas. Mais todo empezou como empeza todo, incluso o amor, cunha pequena punzada. Notas que unha das molestias tarda en desaparecer máis có resto. Non importa, un par de horas máis tarde, ao final da saída, nin sequera o lembras. Pero a seguinte semana, xa non se vai a dor completamente. Isto non che impide cambiar a túa rutina, pero xa sentes esa molestia todo o tempo. Pronto xa non sae da túa cabeza e próbaste no monte: saltas aquel regato, baixas a fondo unha pendente, escalas entre os penedos. Un ou dous días despois ves que empezas a coxear, a dor non se marchou e por fin te enfrontas coa primeira decisión: paro de correr? Estou a volverme un vago ou é unha razón lexítima para parar? Merda, fai bo tempo, quero subir a serra! Agora, as miñas motivacións para correr de cando ía polo asfalto cambiaron moito (ta...