Saltar ao contido principal

Esta canción é só túa e podo cantarcha chorando

Deixando de lado os motivos, atendamos á maneira correcta de chorar, entendendo por isto un pranto que non ingrese no escándalo, nin que insulte ao sorriso coa súa paralela e torpe semellanza. O pranto medio ou ordinario consiste nunha contracción xeral do rostro e un son espasmódico acompañado de bágoas e mocos, estes últimos ao final, pois o pranto acábase no momento en que un se soa enerxicamente.

Para chorar, dirixa a imaxinación cara a vostede mesmo, e se isto lle resulta imposible por contraer o hábito de crer no mundo exterior, pense nun pato cuberto de formigas ou neses golfos do estreito de Magallanes nos que non entra ninguén, nunca.

Chegado o pranto, taparase con decoro o rostro usando ambas as mans coa palma cara a dentro. Os nenos chorarán coa manga da camisa contra a cara, e de preferencia nun recuncho do cuarto. Duración media do pranto, tres minutos.

"Instruccións para chorar" - Cortázar.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero ...

Soños 6-12-2016: Adestramento co Meira e feira de produtos da terra

Esta noite é a clásica de que espertas ás 5 da mañá coma quen xa durmiu todo o que tiña que durmir. Lémbrome dos soños ata ese espertar, e logo erguinme ás 8 con outros tres ou catro soños máis breves, dos que non vou dar conta porque son bastante irrelevantes e non aportan nada aquí (aínda que a min si que me aportan o durmir xenial). Os argumentos centrais dos soños desta noite son, por unha banda, un adestramento na Lomba co Meira FC no que había moita tensión entre nós e unha feira de produtos da terra cun final moi de ficción e duro. Comezo polo primeiro. Estabamos adestrando unha noite na Lomba, e logo duns exercicios comezamos unha pachanga entre nós. O campo estaba bastante embarrado, as cousas non saían e custaba moverse. Habíamos moita xente alí, todos vestidos de escuro, e eu a moita xente non a coñecía, incluso había xente de Pol, da Pontenova e doutros países. Eu estaba bastante fóra de forma e xogando de medio centro non daba feito, polo que pedín irme para a porter...

Soños 22-11-2016 (Concertos)

1-(Foi o soño máis longo e do que case me esquezo, e si, tal e como indicaba a opción 3 da pizarra, sobre Concertos!) Era un concerto dun rapaz multiinstrumentista que fisicamente se parecía moito a Yonlu pero máis rockeiro, con pendentes e roupa de coiro, con orixes en Meira pero que tiveran que marchar fóra (non sei exactamente a onde), no que incluso o pai cantaba, e que tivo algún fallo de son. O rapaz semellaba ter definida claramente a súa homosexualidade, e ser a través da música un defensor, xa que no concerto abundaban rapaces de entre 14 e 18 anos, vestidos de rockeiros, collidos da man, bicándose... etc. O concerto era espectacular, facíase en varios sitios arredor da igrexa. Comezaba na praza do convento, co seu posto no centro da praza e proxeccións xigantes sobre a cara traseira lateral alta da igrexa (a do campanario). As proxeccións eran impresionantes, en 3D xeniais. Logo de bastante concerto, pasaba a unha fase de cancións máis paradas onde se poñía na praza pequena ...