Saltar ao contido principal

Pensei en Meira

Hoxe ía para o traballo e atopeime un amigo de Meira, que xa levaba 6 horas de xornada laboral, descargando mercancía do camión para unha coñecida cadea de droguería lucense. Entón pensei no fodida que está a situación e en cantísimo inflúen as putas eleccións alemás, e quen goberne alí, na nosa vida. Tamén na diferenza entre o salario do meu amigo e o meu, a favor do meu amigo…

En realidade non. En realidade o que pensei é que pola tarde teño que comprar deterxente, suavizante, champú, xel de baño e Pato WC®.
 
E tamén en que pronto estarei con ese meu amigo enfrontándonos nun reto no que os límites os impoñen as racións de polbo e os chuletóns, entón quero ao meu amigo.

Pensei en Meira, nas rapazas dos veráns, na lúa, na música que soa a veces cando todo está en silencio e na capacidade dos poetas para finxir. Despois dinme conta que só estaba pensando, e pareceume ben. Pensei en cando desde o corazón ebrio arrebolamos as nosas fantasías á noite, ao ceo, ao monte, ao universo enigmático e embruxado. A noite, callada de estrelas, foise deitando sobre Meira, sobre nós e as nosas historias. A serra dilatábase docemente coma ventre e senos que respiran con dozura baixo as árbores, as casas e os pés dos humanos.

Mireime ao espello e sorrín. No fondo, só eu era o culpable de estar alí.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero ...

cousas de moda polo paro

Que teñen en común o running (correr, de toda a vida, vaia), o mar cando hai temporal, o Camiño de Santiago e a neve no Cebreiro? A súa capacidade para destapar a estupidez humana podería ser unha resposta axeitada, pero hai outras dúas das que quería falar: dunha banda está que son cousas que se puxeron de moda ultimamente ir visitalas ou levalas a cabo, é innegable. Doutra, comparten as que para min son as tres causas fundamentais de chegase o seu momento de gloria: 1 - Son baratas e, polo tanto ideais para estes tempos de crise. 2 - Cada vez hai máis xente desempregada e ten máis tempo libre para facelas. 3 - Son actividades xeniais para compartir polas redes sociais porque… acaso se fan hoxe en día as actividades de ocio para outra cousa?

T-bone steak from Verín

Onte saudoume un home que eu non coñecía. Vaia, en realidade si que o coñecía, ou coñecino hai un tempo e esquecérame del, pero el acordábase de min. Veu falarme. Saudoume e sorriu: ─Ei, ese de Lugo, e que fas por aquí, de vacacións!? ─Dando un paseo... estou traballando cerca de aquí... ─dixen con moita timidez e sen aínda conseguir recoñecelo. ─Ahhh! Pensei que estarías de vacacións. (custoume asociar vacacións con estar en Ourense) ─Non! Levo pouco tempo traballando en Chantada e hoxe vin dar unha volta por aquí. ─Está ben, a pasar calor viñeches, heheh! ─A verdade é que aquí non se para, mimadriña! ─Xa te irás afacendo... E por Barcelona, non volviches nada? Nese momento quedeime calado, absorto. Recoñecíame de Barcelona. Un flash na cabeza levoume ao mercado de Santa Catarina, vinme comendo ostras francesas e falando coa señora de Ourense que tiña unha labia enorme e me contara que casaran e viñeran xa para o mercado había 30 anos. Pero non era o home dela quen me recoñ...