Saltar ao contido principal

dúas mantas

Viaxei na soidade que merezo. De noite, cruzando un país alleo.

Estiven con xente, como estou sempre. Subín e case non recoñecín a miña casa só despois dun feixe de días. Estaba seguro de que hoxe tería fame. E sono, e ganas de todo á vez. Deiteime a ler e púxenme a escribir. Son pésimo escribindo pero como lector son só bastante malo. Psicodelia de domingo á noite. Abrazarse a un mesmo. Unha manta máis.

O frío. O frío que fai pensar. O frío que te fai esquecer de todo. O frío das túas mans, dos teus pés. Esquecidos.

Roxen as tripas, segue a psicodelia. A chuvia xa non deixa escoitar as bágoas. Outra manta. Arcadium din Riding Alone. Soñar só. Cando choro, choro. E cando río, río coma quen ten chorado moito.

Que veña o sono por nós. Ou o soño, coma un venres.
Dúas mantas para taparme a min e ao medo.  

Comentarios

Publicacións populares deste blog

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero ...

cousas de moda polo paro

Que teñen en común o running (correr, de toda a vida, vaia), o mar cando hai temporal, o Camiño de Santiago e a neve no Cebreiro? A súa capacidade para destapar a estupidez humana podería ser unha resposta axeitada, pero hai outras dúas das que quería falar: dunha banda está que son cousas que se puxeron de moda ultimamente ir visitalas ou levalas a cabo, é innegable. Doutra, comparten as que para min son as tres causas fundamentais de chegase o seu momento de gloria: 1 - Son baratas e, polo tanto ideais para estes tempos de crise. 2 - Cada vez hai máis xente desempregada e ten máis tempo libre para facelas. 3 - Son actividades xeniais para compartir polas redes sociais porque… acaso se fan hoxe en día as actividades de ocio para outra cousa?

T-bone steak from Verín

Onte saudoume un home que eu non coñecía. Vaia, en realidade si que o coñecía, ou coñecino hai un tempo e esquecérame del, pero el acordábase de min. Veu falarme. Saudoume e sorriu: ─Ei, ese de Lugo, e que fas por aquí, de vacacións!? ─Dando un paseo... estou traballando cerca de aquí... ─dixen con moita timidez e sen aínda conseguir recoñecelo. ─Ahhh! Pensei que estarías de vacacións. (custoume asociar vacacións con estar en Ourense) ─Non! Levo pouco tempo traballando en Chantada e hoxe vin dar unha volta por aquí. ─Está ben, a pasar calor viñeches, heheh! ─A verdade é que aquí non se para, mimadriña! ─Xa te irás afacendo... E por Barcelona, non volviches nada? Nese momento quedeime calado, absorto. Recoñecíame de Barcelona. Un flash na cabeza levoume ao mercado de Santa Catarina, vinme comendo ostras francesas e falando coa señora de Ourense que tiña unha labia enorme e me contara que casaran e viñeran xa para o mercado había 30 anos. Pero non era o home dela quen me recoñ...