Esta noite encadeei un tras outro arredor de cinco ou seis soños. Sempre adoito lembrarme de todos pero esta noite fallei e só me lembro de catro. Tres deles vou contárvolos. O primeiro de todos os que tiven non ten moita importancia, ou non lla vou dar. Xiraba arredor da nefasta idea de escribir. Soñei cun amigo escritor que vén de gañar o premio Cunqueiro de escrita de textos teatrais que convoca a Xunta. Nada ilóxico, nada que obxectar. O seu último libro estaba na mesiña de noite e adormecín pensando nunha idea moi súa e que dicía recentemente nunha entrevista: “temos que decidir entre o consumo de ansiolíticos ou a organización de barricadas” ademais de que casual e xustamente o Twitter onte á noite ensinábame na conta de Gómez de la Serna a súa greguería “no sé si tomar decisiones o pastillas”. Os dous ou tres seguintes soños foron moi confusos. Un era sobre correr e os outros pasaron sen máis. O penúltimo, ese chamoume un pouco a atención porque xa vai para dúas ou tres...