Saltar ao contido principal

cousas de moda polo paro

Que teñen en común o running (correr, de toda a vida, vaia), o mar cando hai temporal, o Camiño de Santiago e a neve no Cebreiro?

A súa capacidade para destapar a estupidez humana podería ser unha resposta axeitada, pero hai outras dúas das que quería falar: dunha banda está que son cousas que se puxeron de moda ultimamente ir visitalas ou levalas a cabo, é innegable. Doutra, comparten as que para min son as tres causas fundamentais de chegase o seu momento de gloria:
1 - Son baratas e, polo tanto ideais para estes tempos de crise.
2 - Cada vez hai máis xente desempregada e ten máis tempo libre para facelas.
3 - Son actividades xeniais para compartir polas redes sociais porque… acaso se fan hoxe en día as actividades de ocio para outra cousa?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

27_05 Cabaliño do demo

Soños de hoxe foron moitos, varios, pero só me lembro de dous. Axitados. Estou mirando a cama e teño as sabas todas revoltas. Sobre todo foi o último o axitado. En Salcedo. O Oso xa recollera, a noite aparecera cedo e ela bicábame moito, escondidos. O de escondidos era porque a min me daba vergoña a cousa. Agora soa Nancy Sinatra e pode ser que fose bonito pero alguén nos vía. Ricardo. Cantos contos contarei? E Vielba fixo a canción. O outro soño era gañar un premio monetario e non cobralo para estar entre os amigos. Xa non era de noite e o sol mancaba nos ollos. Coriandro. Vodka con coriandro. A escena do crime. Domingo sen feira. Escribir outro pouco e se iso baixar tomar algo. Tomar algo un domingo sen feira? Cervexa, letras, punteos de guitarra e domingo sen feira. Punteos moi bos de Jarekus Singleton e unha pega grallando. Vou baixar. Cabaliño do demo.

sacar un soño do armario

Espertei dúas veces esta noite e a primeira vez que espertei borroume os soños, polo que só me lembro dos dous últimos. Co paso do tempo fun controlando isto e así, cando soño cousas malas ou que fan doer, volvo a durmir outro anaco e fago que un soño aplaque o anterior. Ao que ía é que me lembro dos últimos dous sonos. Do primeiro deles non vou dar conta porque estaba a mamá e sempre que soño con ela é fermoso pero duro. O segundo soño foi sinxelamente espectacular, dos que tras unha porta se vai abrindo outra, os camiños se van multiplicando e ti soñas iso con gusto e podes ir escollendo por onde ir, recreándote. O argumento é moi sinxelo e se vivise Scott Fitzgerald contaríallo para que fixese un conto coma fixo con Benjamin Button: abrín un armario no que eu sabía que había algo dentro máis non me atrevera nunca a abrir. Sabía que alguén se encargaba de abrir de vez en cando para coidar do que alí había. Entón, con medo, abrín e só había unha pomba. Non era exactamente unha pom...

comezo a meterme onde non me chaman

Nunca estiven de acordo en que meterse onde non te chaman fose malo. Ao contrario, as accións rompedoras, que marcaron a diferenza ou que cambiaron algo sempre estiveron protagonizadas por homes e mulleres que se meteron onde non os chamaban, porque pensaban que outra cousa era posible. No fondo, este blogue vai ser iso. Unha oportunidade para meterme onde non me chaman escribindo sobre libros, sobre soños ou sobre o tempo. Porque, coma Borges, eu tamén escribo para min, para os meus amigos e para atenuar o paso do tempo.