Tiven unha mala noite e erguinme con algo de dor de cabeza. Só lembro un par de soños. Coma sempre, un bastante longo que foi pasando por diferentes fases, escenas, ideas e intencións, e que eu seguramente asocio coma un único soño ao espertar de xeito definitivo, cando máis parecen diferentes soños pequeniños nos que polo medio hai semi-espertares que lle dan unha continuidade ao argumento (iso que a tantos, cando escribimos, nos rebenta a cabeza). Esta vez o principal conglomerado da acción desenvolvíase arredor do Eo cando xa baixa da serra cara a Pontenova e comeza a dividir Galiza e Asturias, ou Galiza e esa parte de Asturias que falan mellor galego ca na metade do outro lado do Eo (en fin...). A escena centrábase nunha feira, unha feira tradicional, na que a xente de 50-60 anos vendía cousas a xente de 65-80 anos. Eu non tiña nada que comprar nin nada que vender, só ía dar unha volta e ver o que había, polo que o que máis me interesaba era atoparme con alguén. Alí atopei u...