O que garda sempre ten. E o que non garda, tamén. Porque mira que nunca fixen por gardar as ganas de verte e sigo tendo as mesmiñas. Dinme hoxe 4 minutos para escribir o que me saíse e, como non, tiña que saír o que soñei. Porque soñei que me sostiñades, que todo estaba en equilibrio con cada un e unha de vós agarrando unha esquina. A veces parecía pendurar todo de moi pouca cousa pero mantíñame en pé esa seguridade de saber que se caía alguén me botaría a man e volvería a erguerme. Ese soño durou toda a noite e espertei abrazado a min mesmo, moitas horas antes de ter que erguerme polo imperativo laboral. Xa tiña pasado esa sensación de mágoa que arrastra o desvelarse nunha ensoñación deliciosa. Mirei a muralla, mirei a mesiña de noite e vin que xente do sur coma Fitzgerald ou Williams seguían alí. Non acostumaban estar sobrios, máis eran homes dunha alegre conversa bebida mediante. Se onte Martín dicía que a música valía para definir estados de ánimo eu tamén digo que po...