Saltar ao contido principal

Publicacións

Non podemos lembrar un presente eterno, ou si.

Non podemos lembrar un presente eterno, ou si. Puiden estar coa mai sempre e tamén nos seus instantes finais, que foron tan longos como case dous meses de agonía, pois a miña vida tamén estivo afastada de todo case á vez que a súa se afastaba cara a morte. Abraceina, faleille. Ela non podía falarme, pero souben que entendería o que quería dicirlle e dixen: mamá, quérote moito. Toda a habitación se encheu dun ruído enxordecedor que era un silencio. Conto isto porque teño a sensación, coma Camus, de que “hoxe a mai morreu, ou se cadra foi onte?”, porque onte son todos os días. Miña mai era a miña terra e sei responder cando me din, de onde es? Son de miña mai, que é a terra, que é ter identidade, que é vir dalgún sitio. A terra, o teu sitio, a orixe, son o teu pai e a túa mai, que se foi onte como sostén Camus. Se antes o tiña claro, agora xa sei definitivamente de que país son. Son do país da nosa mai, do país dese pai que quixo saír da terra profunda para facerlle un sitio á muller ...

aproveita o tempo

A mañá espertou seca e soleada, pero que importaba? Ela tiña a sensación de non estar aproveitando o tempo, coma cando de nena volvía para a casa o último día das festas aínda con fichas dos coches de choque no peto.  Tiña a capacidade de facer que os martes fosen como venres ou os xoves coma luns, porque realmente en nada cambiaban para ela uns dos outros. Todos os días pasaba o mesmo, nada. Entón ela collía a súa mochila, que nunca soltaba fose a onde fose, moi ao estilo de Wittgenstein, quen dicía que sobre o que non podemos falar debemos gardar silencio, un desgraciado pensador, tan pechado na claridade das súas reflexiones lóxicas como na confusión dos seus sentimentos, e dispúñase a viaxar sempre coa cabeza posta en volver, malia que nunca volvía.  Cada sitio que visitaba era diferente e iso facíalle sumirse na máis profunda das rutinas. As mesmas cidades coas mesmas rúas, nada lle facía distinguir o zoco do Cairo da O’Connell de Dublín. Aquel día foi diferente. Quix...

Pensei en Meira

Hoxe ía para o traballo e atopeime un amigo de Meira, que xa levaba 6 horas de xornada laboral, descargando mercancía do camión para unha coñecida cadea de droguería lucense. Entón pensei no fodida que está a situación e en cantísimo inflúen as putas eleccións alemás, e quen goberne alí, na nosa vida. Tamén na diferenza entre o salario do meu amigo e o meu, a favor do meu amigo… En realidade non. En realidade o que pensei é que pola tarde teño que comprar deterxente, suavizante, champú, xel de baño e Pato WC®.   E tamén en que pronto estarei con ese meu amigo enfrontándonos nun reto no que os límites os impoñen as racións de polbo e os chuletóns, entón quero ao meu amigo. Pensei en Meira, nas rapazas dos veráns, na lúa, na música que soa a veces cando todo está en silencio e na capacidade dos poetas para finxir. Despois dinme conta que só estaba pensando, e pareceume ben. Pensei en cando desde o corazón ebrio arrebolamos as nosas fantasías á noite, ao ceo, ao monte, ao...

Esta canción é só túa e podo cantarcha chorando

Deixando de lado os motivos, atendamos á maneira correcta de chorar, entendendo por isto un pranto que non ingrese no escándalo, nin que insulte ao sorriso coa súa paralela e torpe semellanza. O pranto medio ou ordinario consiste nunha contracción xeral do rostro e un son espasmódico acompañado de bágoas e mocos, estes últimos ao final, pois o pranto acábase no momento en que un se soa enerxicamente. Para chorar, dirixa a imaxinación cara a vostede mesmo, e se isto lle resulta imposible por contraer o hábito de crer no mundo exterior, pense nun pato cuberto de formigas ou neses golfos do estreito de Magallanes nos que non entra ninguén, nunca. Chegado o pranto, taparase con decoro o rostro usando ambas as mans coa palma cara a dentro. Os nenos chorarán coa manga da camisa contra a cara, e de preferencia nun recuncho do cuarto. Duración media do pranto, tres minutos. "Instruccións para chorar" - Cortázar.

Teño fame e sono e ti

Son días un tanto raros nos que soa a mesma música diferente. As rapazas morenas de ollos azuis convídante a bailar cando saben perfectamente que lles vas dicir que non. En xeral, as noites son agradables e calorosas, en exceso. Onte á noite acordámonos de cando U2 facían música e non cancións para anuncios, porque sempre hai que volver a eles (e isto díxome o punk con máis actitude que coñecín na vida, que é de Meira). Moitos soños foron feitos para os nenos, pero a maioría medraron con nós. Luces queimando a noite e moitas cousas a saír da cabeza. Escribir para un mesmo, para os amigos e para atenuar o paso do tempo cando en realidade o que queres é que o tempo pase, aínda que sexa en balde. É fácil non darse conta de que necesitamos aire para respirar mais e, aínda así, quen se para a valoralo? Pasa, igual que a mesma auga do río non te molla dúas veces. Teño fame e sono e ti. E aínda así, estou vivo.

doédesme, tamén, de rir

Xa contei aquí que para min, na nenez, o verán comezaba co olor frío e húmido dos cartóns das caixas dos xeados que viñan para o bar. Hoxe intentei pensar que significaba, que simbolizaba, que certificaba o remate do verán e non o teño nada claro. Pode que se cadra iso fose o día de hoxe, co remate das festas patronais e a marcha de moitas rapazas e amigos dos veráns. Xúrovolo, son hoxe unha bomba de sentimentos encontrados. Dóenme as pernas, o lombo, as mans de montar xantares, xogar con balóns, correr escapando... e dóeme a risa con vós, o peito de querervos, as bágoas de chorarvos tamén. Todo, incriblemente todo, se está facendo un botar de menos infinito. Un necesito o que non teño, uns anos que parecen non contar. Queira o destino que todo isto sexa o limiar de algo que por non coñecer veña farturento de felicidade, porque o necesito. Non me vexo a min mesmo a aturar (e turrar) dunhas cousas que me pasan pola cabeza coma centellas deixando un ronsel perturbador. ...

Crer perdido o xénero humano e non ter febre de facer calquera cousa en contra

"Isto era o terrible: a quietude na non esperanza. Crer perdido o xénero humano e non ter febre de facer calquera cousa en contra, ganas de perderme, por exemplo, con el. Estaba axitado por abstractos furores, non no sangue, e estaba quieto, non tiña ganas de nada. Non me importaba que a miña compañeira me esperase, reunirme con ela ou non ou mirar un dicionario era para min o mesmo; e saír a ver aos amigos, aos demais, ou quedarme na casa era para min o mesmo. Estaba quieto, era coma se xamais tivese un día de vida, nin xamais soubese que significa ser feliz, coma se non tivese nada que dicir, que afirmar, negar, nada meu que pór en xogo, e nada que escoitar, que dar e ningunha disposición para recibir, e coma se xamais en todos os meus anos de existencia houbese comido pan, houbese bebido viño, ou bebido café, xamais houbese ido á cama cunha rapariga, xamais tivese fillos, xamais me dese uns golpes con calquera, ou non crese todo iso posible, coma se xamais tivese unha infancia ...