Saltar ao contido principal

Publicacións

Mundo pequeniño

Hoxe o mundo pareceume moi pequeniño, púideno ver enteiro. Aliñáronse tres factores que nunca antes coincidiran na historia do universo e nunca van volver a coincidir en millóns de anos: esa señora gadañando na herba nas curvas do Paraxó, o ciclista gordo co maillot do Astana que pasaba ao lado e, conformando un último punto para crear unha liña recta perfecta, o Q7 branco á súa vez a continuación do ciclista a velocidade constante. O meu punto de observación creou ese momento. Pareceume que incluso houbo un punto máxico porque foi coma se vise todo a través dun cristaliño temporal que arrebolaba a miña percepción sobre unha masa etérea, o coñecemento existencial profundo da continxencia. Comprobar que non me atopaba baixo o efecto de ningunha substancia diferente dun café con leite, lonxe de darme seguridade, sumiume nun limbo, púxome pisando un cable, coma se aínda non saíse de todo da cama e do soño. Pero ía conducindo, polo que fóra da cama estaba... pero e do soño? ...

Días xoves

Hai días que un se sinte como a clave, a doela central dun arco de medio punto, parte dunha arquitectura na que sen ti algo se desmorona. Case imprescindible dentro dunha engrenaxe. Outros sénteste triste e tan pouco útil como o tipo que aguanta o pao aquel co chismiño ao que lle apunta o topógrafo. Parece que non fai nada, pero alí ten que estar, aguantando do pao. E cando alguén lle di que se mova, que se afaste un pouco, alí vai, decidido. Ponse no sitio no que se ten que poñer e a medición resulta ben. Hai días así, amigas. Hoxe espertei pensando en vós. Durante dúas horas da mañá a miña cabeza estivo nas mulleres que pasaron pola miña vida e tentei reflexionar sobre o que eu fun para elas. Nada. Tempo perdido. (O de reflexionar sobre iso, digo). Se cadra fun o que aguanta o pao do topógrafo. Incluso algo máis triste: o que desbroza a medianeira das autovías que, sumido nun dilema eterno, nunca pode saber se vai no sentido correcto ou en dirección contraria. Tamén pode s...

O verán é o tempo eterno da adolescencia

Esta mañá quedeime durmido conscientemente. É dicir, quedeime durmido pero sabendo que me ía quedar durmido porque o soño me tiña atrapado. O caso é que o soño en si tampouco tiña moito de especial, ou si: o Tibor convertérase nun “bar tecnolóxico”. Sempre vos falo de soños pero hoxe non, de feito mañá devolverei á biblioteca o libro dos Soños de Borges, por se alguén o quere coller. O caso é que me erguín ás 11 e cando ía por Galeras cara o Pombal, igual que me pasou outras veces, collín diante o tren turístico, este de tres vagóns. Adoita parecerme tristísima a xente que vai neste tipo de trens, sen acritude, pero hoxe removeume a conciencia, sentín pena e compaixón. Un tren mediado de turistas, eu facíaos de Tomelloso, ocupando os dous primeiros vagóns. E no terceiro vagón un home só. Pouco pode haber máis triste ca ir só no terceiro vagón dun tren turístico. Esta reflexión non foi peregrina (peregrina, si, vaia xogo de palabras, que enxeñoso son, eh!?) e levoume case toda a tra...

saltou ou empuxárona?

Onte pola tarde recibín unha chamada importante: sardiña de Portosín a 6,95. Era do Mercadona de Santa Marta. A partir de aí nada foi o mesmo. A tarde moveuse convulsa a ritmo de músicas nunca antes tocadas, feitas de acordes inexistentes, e voces interiores cantando a coro unha derrota. Apareceu un home reclamando un dinosauro e levouno, porque lle quedara onte esquecido. Era un dinosauro moi grande, de plástico do bo. Durmín unha sesta, espertei bañado en sorrisos dunha semana que empezou domingo, como, por outra parte, é o habitual en moitas outras partes do mundo fóra de Meira. Fun mandar uns paquetes para Portugal (Amarante e Porto) e todo seguía parecendo domingo. Que volátil todo, Porto-Lisboa. Porque yo sé que la sonrisa que se dibuja en tu cara tiene que ver con la brisa que abanica tu mirada. Soa o teléfono do bar e preguntan por ti. I-Stones en Marcha, Rolling, dobrarlle todo e xogarlle arriba aos bonos a 3. Saltou, ou empuxárona? Para a semana xa nos vem...

soñarte é reclamarte

Concibín o soño desta noite como unha maneira de reclamarte. Porque soñarte, no fondo, é reclamarte. Todo pasaba cunha estraña suavidade, que de suave que era facíase case imperceptible. Tiven que espertar varias veces para darme conta de que era un soño e poder así volver a el coa seguridade de que, entón, todo valía. Saía o sol entre as nubes grandes que se desfacían, nimbos e cumulonimbos, testemuñas da tormenta de onte, mentres me empezabas a bicar como xogando unha partida de xadrez onde pezas iguais son capaces dos ataques máis agresivos e tamén dos máis sutís. O soño era unha viaxe, un convite a viaxar para sempre, a saír da gaiola. O leonciño camiñaba durante horas fronte á reixa, dando voltas, coma se sempre tivese a esperanza de que ao chegar ao extremo da gaiola houbese unha saída que antes non vira. Isto serviume para explicar que a tristeza que nace da contemplación do pasado non só non serve para nada, senón que é moi nociva porque nos fai reflexionar e busca...

240 segundos

4 minutos, 240 segundos. Toda a súa vida transcorría nese ciclo. Tempo de máis para pensar ata que as ideas na cabeza se volvían en contra del. Sabía como facerlles fronte, aplacar as cousas máis duras con outros pensamentos fermosos, pero el non estaba alí para ser un poeta. Tiña a sensación de estarse convertendo nun domador, pechado nunha gaiola xunto ás feras, a veces eran tigres bengalís e a veces leóns africanos, pero el era o domador e estaba só, cun látego e as feras. Na maioría das veces era capaz de domar todas esas feras, as ideas, e facelas pasar polo aro, mais outras veces tiña que sacar o látego con firmeza e estalalo na súa cabeza. Eran 240 segundos, tiña que ser forte, despois viñan outros 240 segundos de calma, e así durante 14 horas da súa xornada laboral que se estendía 7 días á semana. Coñecía os ciclos do lavapratos á perfección, eran 240 segundos. A veces, días de moito traballo nos que a morea de pratos pasaba das 5 reas de 2 metros, apuraba un pouco o tempo e c...

Soño de dor de cabeza

Doeume a cabeza toda a noite pero iso non me quitou de ter unha das miñas sesións oníricas que quedan para sempre. Ou se cadra axudou a provocalas. O desta noite foi un soño múltiple no que cada vez que espertaba e volvía a soñar comezaba un novo capítulo, non eran independentes. Foi un soño durísimo. Nunhas condicións extremas, como acontece todo o importante, preguntábasme se tiña medo a namorarme de novo e fixeron falta outros 4 capítulos para ao final darnos conta de que é algo imposible de contestar. Ti, nese momento xa non tiñas medo ningún, a vida maltratárate e aí estaba eu para acollerte. Nunca sabemos certo a que se deben os soños pero eu este teño bastante seguridade de que ten moito que ver co que me leva pasado nestes últimos 29 anos. Non podo sacarme o soño da cabeza, nin a dor, e un certo desacougo faime estar desde as 7 da mañá esperto. Non sei, se cadra o necesitaba escribir para sacarmo de diante, como aquela parella que se vía ás agochadas para eliminar o seu amor.