Saltar ao contido principal

Publicacións

Desexei sempre agradar

Adoecía por pasar o día na cama xunto a Pessoa vendo como el define o que pasa: "Não tenho ninguém em quem confiar. A minha família não entende nada. Aos meus amigos não posso incomodar con estas coisas. Não tenho amigos verdadeiramente íntimos, como o mundo entende, ainda assim não seria íntimo no sentido em que eu entendo a intimidade. (...) Sinto-me tan sozinho como un navio naufragado no mar. E sou, na verdade, um náufrago," (No seu diario no 25 de xullo http://arquivopessoa.net/textos/2595) E sempre, sempre se vai a Bernardo Soares para contar como el se sentía baleiro e incapaz de tecer relacións persoais que o enchesen "Desexei sempre agradar. Doeume sempre que me fosen indiferentes. Orfo de fortuna, teño, coma todos os orfos, a necesidade de ser obxecto da afección de alguén. (...) Tiven un certo talento para a amizade, mais nunca tiven amigos, ben porque eles me faltasen, ben porque a amizade que eu concebira fora un erro dos meus soños. Vivín sempre isolado...

lugares e estrelas

Desde onde agora estou vense as estrelas, por primeira vez en moito tempo. Estou sentado onde ti soías sentar e iso fai que o tempo se volva atrás, mirando as estrelas. Nos momentos nos que unha persoa se sinte como eu o fago semella que o ambiente o envolve, a atmosfera. Hai poucas cousas máis máxicas ca un bico. O bico en si non ten nada de maxia, a maxia é do intre no que sucede, a atmosfera. Que o envolve. É iso de estar só, poñer música, cociñar, saír á terraza, sentir a noite. A atmosfera. Cando isto pasa sabes que é verdade. Pódese buscar a maxia, podémonos pór a andar e saírlle ao camiño, pero a atmosfera ten que vir, aparece, e é tan real coma o frío que me acaba de coller. Quen onte fun xa hoxe en min non vive. Como non te soñar?

Soños que fan querer

Esta noite encadeei un tras outro arredor de cinco ou seis soños. Sempre adoito lembrarme de todos pero esta noite fallei e só me lembro de catro. Tres deles vou contárvolos. O primeiro de todos os que tiven non ten moita importancia, ou non lla vou dar. Xiraba arredor da nefasta idea de escribir. Soñei cun amigo escritor que vén de gañar o premio Cunqueiro de escrita de textos teatrais que convoca a Xunta. Nada ilóxico, nada que obxectar. O seu último libro estaba na mesiña de noite e adormecín pensando nunha idea moi súa e que dicía recentemente nunha entrevista: “temos que decidir entre o consumo de ansiolíticos ou a organización de barricadas” ademais de que casual e xustamente o Twitter onte á noite ensinábame na conta de Gómez de la Serna a súa greguería “no sé si tomar decisiones o pastillas”. Os dous ou tres seguintes soños foron moi confusos. Un era sobre correr e os outros pasaron sen máis. O penúltimo, ese chamoume un pouco a atención porque xa vai para dúas ou tres...

O neno que sentaba a ler nunha caixa de cervexas

Hai dúas semanas no Jazz&Beer puxémonos deberes despois de chegar a unha conclusión (que foi pena que fose nosa, e non de Darío Villanueva): Ánxel Fole sería Nóbel de non ser galego. Foi unha conclusión que levou unhas cantas voltas, unhas cantas análises, unha escapada á casa para traer a edición comentada que fixo con esmero Claudio Rodríguez Fer, vernos metidos nas 10 da noite aínda abrazados estruturalmente até que houbo que acudir aos franceses, sempre eles, e mirar desde o prisma do Grado cero da escritura de Barthes a perfección, pureza e autenticidade do relato en Fole. Non nos cremos Bloom porque sabemos que o canon está errado. É Fole menos ca Alice Munro? A min de deberes tocáronme Sherwood Anderson e Bruce Chatwin, un americano do centro norte, de Ohio, co impresionante libro de contos Winesbourg, Ohio , pura gozada, o outro inglés de Sheffield, fabulador de historias e home viaxado, un Cunqueiro que á historia lle amecía outra metade e media. Eu de deberes pux...

3 minutos

Doume dez minutos, nin un máis, para escribir o que se me antolle. Antóllaseme contar o que soñei. Soñei que xogaba un partido de fútbol, o rival era Euskadi. Fin. Despois acordeime de moitas cousas. Dúas horas de desvele ás 4 da madrugada dan para moito. Para ver nevar sobre a muralla, para retorcerte de dor na cama e non precisamente polos recordos que viñan un tras outro a ferir. Porque hai recordos que só veñen para ferir. Adoecía por un abrazo e un bico detrás da orella. Erguinme, paseei, sentei, deiteime e así foi como comprendín o que pasa. Axudoume Kierkegaard, que me dixo que cada un de nós será grande en relación a aquilo co que loitou. Non van os 10 minutos, nin sequera van 3 e estou canso. Pero teño a ilusión de subir á serra, nevada, perderme alí. Sentir o silencio estático que impón a neve, ver o val asolagado de branco.

Que facer? Escribir.

Cando non hai retirada entre aplausos o teu mellor xesto, espléndido, botado a perder. Cando os teus amigos non o eran tanto e un crédito espera a primeiros de mes. Non tes por que preocuparte ninguén baila só coa súa desesperación sempre hai alguén a quen abrazarse alguén que espera que o saquen a bailar nalgunha canción. Que vou facer agora? Escribir. Levo xa neste blog dado un pouco a brasa sobre as razóns de escribir e hoxe vai, seguindo a Barthes, a paragrafada (vaia palabro) definitiva. Escribirei porque a escritura descentra a fala; o individuo, a persoa, realiza un traballo cuxa orixe é indiscernible. Hai algo de enigma narrativo na escritura. As súas conexións e asociacións resultan mesmo estrañas para quen as ideou. Para producir unha diferenza, para satisfacer unha actividade distintiva. Certamente a escritura é unha actividade da linguaxe que non pode situarse dentro da lingua. A escritura fainos diferentes antes nós mesmos. A escritura non nos pode...

cousas de moda polo paro

Que teñen en común o running (correr, de toda a vida, vaia), o mar cando hai temporal, o Camiño de Santiago e a neve no Cebreiro? A súa capacidade para destapar a estupidez humana podería ser unha resposta axeitada, pero hai outras dúas das que quería falar: dunha banda está que son cousas que se puxeron de moda ultimamente ir visitalas ou levalas a cabo, é innegable. Doutra, comparten as que para min son as tres causas fundamentais de chegase o seu momento de gloria: 1 - Son baratas e, polo tanto ideais para estes tempos de crise. 2 - Cada vez hai máis xente desempregada e ten máis tempo libre para facelas. 3 - Son actividades xeniais para compartir polas redes sociais porque… acaso se fan hoxe en día as actividades de ocio para outra cousa?