Hai uns anos pasou algo na miña vida moi doloroso, que fun incapaz de asumir, e que me meteu o sufrimento até os ósos. Pasei varios meses da miña vida cun diálogo interior no que a única conclusión que sacaba era que a miña vida xa non tiña sentido, que nunca máis ía erguer a cabeza. Ese sufrimento estendeuse ao longo do tempo, sumíndome nunha profunda depresión e autodestrución, case imperceptíbel para quen me rodeaba, e non era máis que a consecuencia directa da forma na que creei a historia arredor do que me estaba pasando. Cando, mirando atrás, contaba isto, explicaba que daquela canto máis me centraba en evitar o que temía, abría máis aínda as portas do meu corazón ao medo. E cando o medo se apoderaba de min, desde logo, o talento non afloraba e así pasaron uns meses nos que simplemente deambulei. Agora téñome medo a min mesmo porque estou pasando uns días raros, similares a aqueles, nos que me descuartizo por dentro. Loito contra min mesmo e sempre perdo. Pessoa dicía que unha ...