Saltar ao contido principal

Para nós, para sempre.

quero que veñas deitarte comigo
e na herba xeada mirar a lúa que esta noite canta
para nós.
quero soñar ao calor dun abrazo abrigado de risas
e meterlle a ese lume momentos que ardan
para sempre.
quero, despois de escribir isto, crer que só mañá vas pensar en min.
e coma Yeats "cando esteas vella e gris e con sono, e cabeceando diante do lume leas amodiño isto e soña coa mirada suave e as sombras profundas que un día tiveron os teus ollos".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero ...

Soños 6-12-2016: Adestramento co Meira e feira de produtos da terra

Esta noite é a clásica de que espertas ás 5 da mañá coma quen xa durmiu todo o que tiña que durmir. Lémbrome dos soños ata ese espertar, e logo erguinme ás 8 con outros tres ou catro soños máis breves, dos que non vou dar conta porque son bastante irrelevantes e non aportan nada aquí (aínda que a min si que me aportan o durmir xenial). Os argumentos centrais dos soños desta noite son, por unha banda, un adestramento na Lomba co Meira FC no que había moita tensión entre nós e unha feira de produtos da terra cun final moi de ficción e duro. Comezo polo primeiro. Estabamos adestrando unha noite na Lomba, e logo duns exercicios comezamos unha pachanga entre nós. O campo estaba bastante embarrado, as cousas non saían e custaba moverse. Habíamos moita xente alí, todos vestidos de escuro, e eu a moita xente non a coñecía, incluso había xente de Pol, da Pontenova e doutros países. Eu estaba bastante fóra de forma e xogando de medio centro non daba feito, polo que pedín irme para a porter...

Igual a literatura nos vale para salvar a vida

Se somos bos coa vida, se sabemos construírmos historias polo camiño, a vida non nos abandonará, pero se non lle contamos historias á vida, esta destruiranos. Vivir é entón un acto de amor coa vida, conseguirmos mantela sempre expectante xa que a cada momento temos que asombrala coas nosas decisións cabais, seica cos nosos amores inevitables, e coas nosas xustas decisións. Xa Sartre e outros se xuntaban para preguntarse para que serve a literatura e a vida. Para que serve contar historias? Á princesa das mil e unha noites valeulle exactamente para salvar a vida. A historia dicía que o rei Shariar, en completo despeito pola infidelidade da súa muller cun dos seus escravos, decidiu que cada noite se deitaría cunha rapaza e mataríaa antes de saír o sol, para evitar novas traizóns. O que non sabía o rei é que aquela tan fermosa Scherezade sabía 1001 contos que foi tecendo un con outro até conseguir a súa propia confianza. Paréceme unha metáfora preciosa. Igual iso, a literatura no...