Saltar ao contido principal

Publicacións

Soños 23-11-2016 (Cea de amigos)

1-Un gran grupo de amigos e amigas íamos de cea co único motivo de xuntarnos, lembrar cando eramos rapaces, falar, en fin, para o que se queda nese tipo de cousas (como se nota que os soños tamén reflicten o que lle tarda a un mesmo). A cea era moi rara, nun gran centro comercial (unha mestura das Termas e as Cancelas) pero absorbido totalmente nunha das plantas por unha franquicia de comida semi-rápida á brasa. Eso daba un comedor de igual 1000 mesas. Tiña unha entrada tipo recibidor na que íamos chegando e xa nos ían dicindo: “ides para a cea dos “amigos”?, vinde por aquí”, e sentábannos nunha mesa moi grande, súper aberta case no medio de todo o resto do comedor, o que me pareceu algo regular porque seríamos o centro de atención. O que si me gustou foi a amplitude das mesas e a altura do local que daba tranquilidade. Cando comezabamos a sentarnos, sacábamos a chaqueta e iso, veu por min un dos empregados, moi atento, e preguntoume se eu era Xose, que o acompañase á recepción que m...

Soños 22-11-2016 (Concertos)

1-(Foi o soño máis longo e do que case me esquezo, e si, tal e como indicaba a opción 3 da pizarra, sobre Concertos!) Era un concerto dun rapaz multiinstrumentista que fisicamente se parecía moito a Yonlu pero máis rockeiro, con pendentes e roupa de coiro, con orixes en Meira pero que tiveran que marchar fóra (non sei exactamente a onde), no que incluso o pai cantaba, e que tivo algún fallo de son. O rapaz semellaba ter definida claramente a súa homosexualidade, e ser a través da música un defensor, xa que no concerto abundaban rapaces de entre 14 e 18 anos, vestidos de rockeiros, collidos da man, bicándose... etc. O concerto era espectacular, facíase en varios sitios arredor da igrexa. Comezaba na praza do convento, co seu posto no centro da praza e proxeccións xigantes sobre a cara traseira lateral alta da igrexa (a do campanario). As proxeccións eran impresionantes, en 3D xeniais. Logo de bastante concerto, pasaba a unha fase de cancións máis paradas onde se poñía na praza pequena ...

Acordarse

Acábame de ver un rapaz empezando a páxina en branco, a cero. Veu cara min e, nun momento de tensión e miradas directas, preguntoume onde comprara o polo violeta que levo posto. Dubidei, botei a man á barba con nervios, notei que a teño moito máis longa do lado esquerdo que do dereito (e que o teño que solucionar hoxe, porque debo ir dando vergoña por aí adiante), e non lle contestei. -Non o lembro. -I can't remember, sorry. (preguntárame en inglés) -Don't worry, can we sit and drink with you? O abrazo non sei se mo deron en inglés ou en galego. Eu sentino moi noso. Pedir de beber, pedín eu. Agora estou tendendo a roupa e é cando me acordo disto, como me pasa normalmente. Acórdome dela cando xa se marchou. Se baixa hoxe alguén á Reixa que lle pague algo aos meus recordos.

estarás aí

Hai uns anos pasou algo na miña vida moi doloroso, que fun incapaz de asumir, e que me meteu o sufrimento até os ósos. Pasei varios meses da miña vida cun diálogo interior no que a única conclusión que sacaba era que a miña vida xa non tiña sentido, que nunca máis ía erguer a cabeza. Ese sufrimento estendeuse ao longo do tempo, sumíndome nunha profunda depresión e autodestrución, case imperceptíbel para quen me rodeaba, e non era máis que a consecuencia directa da forma na que creei a historia arredor do que me estaba pasando. Cando, mirando atrás, contaba isto, explicaba que daquela canto máis me centraba en evitar o que temía, abría máis aínda as portas do meu corazón ao medo. E cando o medo se apoderaba de min, desde logo, o talento non afloraba e así pasaron uns meses nos que simplemente deambulei. Agora téñome medo a min mesmo porque estou pasando uns días raros, similares a aqueles, nos que me descuartizo por dentro. Loito contra min mesmo e sempre perdo. Pessoa dicía que unha ...

sacar un soño do armario

Espertei dúas veces esta noite e a primeira vez que espertei borroume os soños, polo que só me lembro dos dous últimos. Co paso do tempo fun controlando isto e así, cando soño cousas malas ou que fan doer, volvo a durmir outro anaco e fago que un soño aplaque o anterior. Ao que ía é que me lembro dos últimos dous sonos. Do primeiro deles non vou dar conta porque estaba a mamá e sempre que soño con ela é fermoso pero duro. O segundo soño foi sinxelamente espectacular, dos que tras unha porta se vai abrindo outra, os camiños se van multiplicando e ti soñas iso con gusto e podes ir escollendo por onde ir, recreándote. O argumento é moi sinxelo e se vivise Scott Fitzgerald contaríallo para que fixese un conto coma fixo con Benjamin Button: abrín un armario no que eu sabía que había algo dentro máis non me atrevera nunca a abrir. Sabía que alguén se encargaba de abrir de vez en cando para coidar do que alí había. Entón, con medo, abrín e só había unha pomba. Non era exactamente unha pom...

dúas mantas

Viaxei na soidade que merezo. De noite, cruzando un país alleo. Estiven con xente, como estou sempre. Subín e case non recoñecín a miña casa só despois dun feixe de días. Estaba seguro de que hoxe tería fame. E sono, e ganas de todo á vez. Deiteime a ler e púxenme a escribir. Son pésimo escribindo pero como lector son só bastante malo. Psicodelia de domingo á noite. Abrazarse a un mesmo. Unha manta máis. O frío. O frío que fai pensar. O frío que te fai esquecer de todo. O frío das túas mans, dos teus pés. Esquecidos. Roxen as tripas, segue a psicodelia. A chuvia xa non deixa escoitar as bágoas. Outra manta. Arcadium din Riding Alone. Soñar só. Cando choro, choro. E cando río, río coma quen ten chorado moito. Que veña o sono por nós. Ou o soño, coma un venres. Dúas mantas para taparme a min e ao medo.  

O parto

Se algo odiaba desde sempre eran as crías, os bebés. Parecíanlle seres inútiles, incapaces de valerse por si mesmos, presa fácil de calquera outro animal. Aclárome, os que lle parecían isto eran os bebés dos mammalia, mamíferos, esa puta especie de vertebrados amniotas homeotermos. Nunca mo dixo de maneira clara, pero creo que esta xenreira lle viña desde o momento que presenciou o seu primeiro parto. Para un neno de cidade coma el, realmente tivo que ser un trauma ver o seu primeiro parto, aos 8 anos, na casa dos seus tíos da aldea. Acostumado á amable escena que constituía ver eses doces animaliños nos documentais da tele, vomitara na corte presenciando en directo a Morita botar para fóra a súa terceira cría. O cheiro a limos e quitas era demasiado profundo para o seu olfacto. Si, eu creo que foi esa imaxe (e ese cheiro) o que produciu nel ese odio posterior ao conxunto de neonatos. Educouse nos mellores colexios privados e iso deixou nel unha forte impronta (é unha palabra...