Saltar ao contido principal

Se damos publicidade ao noso amor destruímos o seu sentido

Ser ovella ou ser rabaño? Hai tempo que levo dándolle voltas a iso. Ambas cousas teñen a súa parte boa e mala: chegar aos mellores pastos antes ca ninguén pero sendo presa fácil dos depredadores.  A maioría prefire ser rabaño.

Hoxe esta idea dáme para falar de xeito apurado sobre o camiño cara onde vai a cultura, a industria cultural, como queiramos chamarlle e todo o que nese cesto colla. 

Dicía un vello profesor da facultade, que nalgunhas cousas tiña razón, que a arte de hoxe en día está condenada por ir na procura do público e non conseguir que sexa o público quen a procure. É certo. Hoxe até os poetas buscan o público. Necesitan ser publicados para verse recoñecidos.  Un poeta non tería por que sentir a necesidade de ser coñecido, nin menos aínda recoñecido socialmente, posto que o seu receptor non é colectivo senón individual. A amada, o amado, o solpor, a tristura, son predicados dunha percepción íntima. Se damos publicidade ao noso amor destruímos o seu sentido.

A sociedade da comunicación converteu a creación poética nunha industria cultural, unha manifestación do lecer, e aos seus poetas nuns produtores. Sen este factor nocivo a poesía carecería de técnica, núcleo destrutivo da autenticidade*, dado que un poeta sen estilo sería un artista sospeitoso.

O mesmo pasa, fai tempo, coa música. A autenticidade dun grupo ou da proposta musical que pretenden transmitir vén dada polo recoñecemento social. Atrás quedan tempos de pioneiros, oh, pioneiros, onde acadaban a autenticidade por descubrir novos universos, ou a través do virtuosismo ao servizo da creación musical. Houbo un tempo incluso que o indie era auténtico. Hoxe é difícil sinalar algunha excepción. Este artigo seguramente merecese a pena desenvolvelo un pouco máis pero a dor de cabeza déitame, e tampouco lle vexo interese como para gardalo e continualo outro día.  

Así que aquí vos deixo a recomendación dun grupo que para min recolle o concepto de autenticidade: Wolf People. Son novos pero saben o que fan. Cando os escoitei por primeira vez na radio puxen a orella porque me estrañaba que soase Jethro Tull a esas horas.


*Hai que ir a W. Benjamin para debullar un pouco na autenticidade (nin creo que veña agora ao caso, nin me apetece. Ademais dóeme moito a cabeza e acabo de tomar o último ibuprofeno).

Comentarios

  1. Hai que estar na pelexa de egos. Dicir a miña merda antes de que a diga outro e que me oia moita xente. Agora o que poida ser a miña merda, da un chisco igual, pero fun eu quen a cagou.

    Unha peza que me gusta moito destes:

    http://www.youtube.com/watch?v=aa8IDayBvJI



    ResponderEliminar
  2. me quitas las palabras de la boca Xose... solo que las tuyas son en gallego

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

partida pendente

Hoxe está sendo un día estraño, ou está acabando de ser, 10% día / 90% noite. Pasei moito tempo para esta frase. 100% noite. Había xa un par de semanas que non vía a Miqui, ao irse de vacacións coa nena grande, a nena pequena e na espera de alguén máis, :D , hoxe xa se facía un pouco obrigado. Tres rápidas ao xadrez, dous cafés con xeo e apareceu ela polo Jazz, moi innecesariamente: ─Cóbrame aí o café do de Meira. ─Ten pago ─mentira válida, eficiente, óptima pola parte de Miqui. ─Deixa, Miqui, e cóbrame a min todo. Bota un Black Label para ti, outro para min e coloca para a seguinte, saes ti ─excedín en cortesía e enchedura de peito. Notei que ela me miraba revirado pero asumía de xeito diplomático a invitación. Colleu o Progreso e pasou a sentarse ao lado do curruncho onde acaba a barra e onde sempre se xoga ao xadrez. Soaba Donovan e iso envolvía a cousa semi-tensa, afrouxada polos acordes suaves do escocés. Miqui abriu coa de Larsen para fianchetar axiña. A min non me gustou pero ...

mellor canto antes

A primeira cita que tiveron el e ela foi concertada e, por riba, con diñeiro polo medio. Chamou el para solicitar os servizos e quen cobraba era ela, como pasa por desgraza case sempre nestes casos. Para el todo aquilo aconteceu moi rápido. Así, un día, sen máis, apeteceulle dar unha volta á súa vida, cambiar o que levaba facendo 15 anos ─e non se refería precisamente a deixar de saír en calquera noite de luns a domingo─, e ser, en definitiva, el o dono da súa propia vida. Había tanto tempo diso que xa nin o lembraba mais a reacción non foi nostálxica, foi de tomar a dianteira e ir contra todo. Aínda así, a decisión custoulle tempo. Mirou nesas follas onde adoitan aparecer os números da xente profesional que se adica a iso e localizou á que estaba máis preto: ela, a poucos metros da súa casa. El aínda non sabía que era “ela”, mais ía, agora ou despois, chamala. Un par de horas máis tarde, que non obstante pasaron bastante rápidas porque foron desas tan definidoras do inverno, nas...

23-04

Esperto ás sete da mañá dun día tan bonito que semella que neste recuncho do planeta absolutamente todo está en “flor”, todo se abre e brota e hai máis cousas das que podemos descubrir: luces prismáticas, aromas prismáticos, algo case doloroso de tan bonito. A luz matinal é dourada coma o diñeiro e derrámase polas ventás que dan á serra cara o leste. Pero o que me emociona é a sombra, a luz imposible de definir, o pradairo entre os eucaliptos coas súas follas aínda non formadas, dunha beleza estremecedora, que non é a árbore mesmo unha entre millóns, un elo nunha longa cadea de vivencias que comezan na infancia, na Flor. Domingo de feira. Hai dous mundos coñecidos, o visible e o invisible, e esa gota de viño e o pan é o vínculo que os une. Sinto as campás. Paréceme ver a cadea do ser que ascende desde o fondo da terra até o ceo. Duchareime e baixarei mercar un queixo e tomar algo? Teño que cortar o pelo. Debera. Xa todos mo din. Ata meu pai, que acaba de virme espertar á habitación...