Non me funcionaron os desexos de soños esta vez. Onde se desenvolveu o principal soño desta noite era, como case sempre, unha cidade ficticia e non Mondoñedo. Non é que sexa ficticia de todo senón máis ben unha mestura ficticia de varias cidades reais. Si que adormecín pensando en Cunqueiro, en como xogou coa mitoloxía, en como coa súa intelixencia e picardía se ría de neno dos maiores da vila facéndolle bromas constantemente. Unha vez, alguén que todos coñecedes e que seguro que lle tedes lido moitas cousas, se non foron novelas foron relatos ou artigos, estaba na Flor na barra pequena bebendo non me acordo que, quen estaba con el si que sei que bebía Passportt con laranxa, e víronme facer unha das miñas. Eu era un neno pequeno pero xa me encantaba sacarlle á xente unhas risas. Entón armei unha boa. Quen teña algo de relación con Meira coñece perfectamente a ese veciño terratenente que conseguiu que a vila medrase cara a Pena en vez de cara Vilardemouros. Tamén se digo que ten ...