Gustoume soñar con unha cidade imaxinaria creada polo que máis me gustou de moitas outras. Iso fai un soño moi recreativo. Tamén me parece que foi moi dirixido, moi pensado, xa que vía o que quería ver: unha zona moderna moi coidada con edificacións xigantes de varios séculos rehabilitadas como hoteis de luxo; unha zona de mar aberta, co vento soprando onde ten que soprar, e recollida por zonas que parecían abrazos. unha zona vella envolvente, na que había unha feira con produtores locais na rúa e eu compraba moita carne e queixos (si, foi a miña cea de onte, e o tronchón, o morbier e o de Airas Moniz déronme moita sede e con esa sede e facendo esa hipercompra espertei). De feito agora róxenme as tripas e teño moita fame polo que vou ir almorzar en plan ben. Déixovos cun anaco que me encanta pensando en que esta fin de semana son as festas en Álvare e imos xuntarnos. Era, ademais, o aniversario de alguén que cumpría anos. E, aínda por riba, había, en abundancia, todo tipo de bebida...